Escoitar

Caballero visitou o mercado solidario e eloxiou o traballo da Asociación Española contra o Cancro

O alcalde, Abel Caballero, e a tenente de alcalde, Carmela Silva, visitaron este xoves o tradicional mercado que organiza en Vigo a AECC, en Urzáiz 19, para recadar fondos e continuar coas súas actividades de apoio aos enfermos e familiares. O rastrillo solidario permanecerá aberto ata o 15 de decembro.

xoves, 7 nov 2013
1383827616aecc.JPG
Abel Caballero e Carmela Silva visitaron na mañá deste xoves a tradicional tenda que habilita, desde hai 18 anos, a delegación de Vigo da Asociación Española contra o Cancro en Urzáiz 19, aberta ata o próximo 15 de decembro.

O alcalde eloxiou o traballo que realiza a entidade na cidade e invitou a cidadanía a sumarse e colaborar este mercado solidario, que ten á venda artigos de regalo, decoración, xoguetes, libros e música, entre outros moitos obxectos. A finalidade da Asociación é recadar cartos que fagan posible continuar cos programas e actividades da AECC na cidade, dirixidos a prestar axuda integral aos enfermos e apoio ás familias.

A organización recepciona e xestiona as donacións dos obxectos, selecciona os artigos aptos para a venda, traslada a mercancía e acondiciona as instalacións para unha axeitada celebración do mercado. 35 voluntarios da AECC e a solidariedade da cidadanía fai posible que, un ano máis, Vigo conte co rastrillo solidario contra o cancro.

Abel Caballero recordou que a Asociación en Vigo foi nomeada Viguesa Distinguida polo seu "traballo excepcional" e avanzou que, en "moi pouco tempo", Concello asinará un convenio coa entidade para "facilitar e cooperar" a súa función.
Descargar todas as imaxes