Escoitar

Obradoiros de Igualdade na Casa das Mulleres

A Concellería de Igualdade informa que está aberto o prazo de inscrición para participar en dous obradoiros gratuítos que se impartirán na Casa das Mulleres no mes de novembro: "xénero e igualdade de oportunidades entre mulleres e homes. Análise dos factores que interveñen na desigualdade" e "comunicación en clase de xénero. estratexias para a utilización dunha linguaxe inclusiva".

xoves, 7 nov 2013
XÉNERO E IGUALDADE DE OPORTUNIDADES ENTRE MULLERES E HOMES. ANÁLISE DOS FACTORES QUE INTERVEÑEN NA DESIGUALDADE
Dirixido a: mulleres e homes
Formadora: Rosa Faraldo Rivas (Psicóloga)

Obxectivo: visibilizar e identificar dun xeito práctico as desigualdades de xénero existentes nos distintos ámbitos e esferas das nosas vidas e reflexionar sobre as repercusións e consecuencias que estas diferenzas teñen na vida de mulleres e homes.

O desenvolvemento do programa constará de 6 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas de duración cada unha.

Período e horarios: o mércores 13 e o xoves 14 de novembro de 18.30 a 21.30 h

COMUNICACIÓN EN CLAVE DE XÉNERO. ESTRATEXIAS PARA A UTILIZACIÓN DUNHA LINGUAXE INCLUSIVA
Dirixido a : mulleres e homes
Formadora: Ana Belén Puñal Rama. Xornalista.

Obxectivo: detectar e desvelar o sexismo implícito na linguaxe e o seu carácter androcéntrico así como facilitar estratexias prácticas para o emprego dunha linguaxe inclusiva na comunicación oral e escrita.

O desenvolvemento do programa constará de 7 horas en total, distribuídas en 2 sesións de 3 horas e media de duración cada unha.

Período e horarios: os sábados 16 e 23 de novembro de 10.00h a 13,30h


Ámbas as dúas actividades teñen as prazas limitadas que se cubrirán por orde de inscrición, dando preferencia ás mulleres empadroadas en Vigo.

Inscrición previa na Concellería de Igualdade, 1.ª planta da Casa do Concello de 9:00 a 13:30h , ou ben a través do tfno. 986 810 284, en horario de 8:00 a 14:00 h.

Lugar de realización dos obradoiros: Casa das Mulleres, rúa Romil, número 20 .

Máis información en www.igualdadevigo.org