Escoitar

Relatorio "ENREDÁMONOS NAS REDES...? As ciberviolencias e os controles das redes sociais"

Co obxectivo de previr entre a mocidade a violencia de xénero na utilización das redes sociais, a Concellería de Igualdade organiza unha charla-coloquio " ENREDÁMONOS NAS REDES...? As ciberviolencias e os controis das redes sociais", martes, 12 de novembro ás 19:00 h na Casa Galega da Cultura.<br /> <br /> <br /> <br />

venres, 8 nov 2013
A charla está dirixida a todas as persoas interesadas e impartida por Ianire Estébañez Castaño (Psicóloga), especialista en violencia de xénero na xuventude.

Contidos:
 Como empregan as rapazas e os rapaces as redes sociais. Análise dos riscos aos que están expostos.
 Que significa ser acosada/acosado polas redes.
 Como se manifesta a violencia sexista a través das redes. Exemplos de ciberviolencias.
 A utilización das novas tecnoloxías como medio para educar en igualdade.
 Boas prácticas para o emprego dunha linguaxe axeitada que favoreza unha boa comunicación, sen nos enredar...!