Escoitar

O Concello adica 640.000 euros a renovar o asfaltado de 14 rúas en diversas parroquias

Catorce rúas de distintas parroquias da cidade verán o seu asfaltado renovado ao longo das próximas semanas. Así o aprobou o goberno hoxe nunha reunión na que tamén se deu luz verde á licitación da escola infantil de Navia.

venres, 8 nov 2013
Abel Caballero anunciou hoxe a licitación das obras de reforzo da capa de rodadura do firme en diversas parroquias do termo municipal. Tal e como se aprobou na Xunta de Goberno, adxudicouse un contrato por 640.000 euros para asfaltar as seguintes rúas: Baixada Ponte Nova, Camiño Romeu, estrada Fragoselo, estrada Monte Alba, rúa Leonardo Alonso, rúa Portoloureiro, rúa Saa, avenida do Tranvía, Camiño Arieiro, Camiño Raposeira, Ceip Carballal, rúa Doutor Corbal, rúa Goleta e rúa Severino Cobas (o tramo que non foi humanizado).

Outro dos asuntos que recibiron luz verde na reunión semanal do goberno local foi o expediente de licitación da execución da escola infantil de Navia que, cun orzamento de 717.000 euros, podería estar en funcionamento en xaneiro de 2015. Será unha escola de 0 a 3 anos composta de dúas prantas.

O rexedor tamén deu conta da licitación da cuberta do colexio Alfonso Rodríguez Castelao, cun importe de execución de 165.370,59 euros e un prazo de execución de 7 semanas. Durante a rolda de prensa, lembrou que o Concello faise cargo dunha obra que é responsabilidade da Xunta e para a que ten que pedir permiso, "pero non deixaremos que o nenos se mollen". Colocarase una estrutura que amparará uns 1.500 metros2, cubrindo a pista deportiva e de recreo.

Na Xunta de Goberno tamén se aprobou a contratación do proxecto de mellora da accesibilidade peonil entre Porta do Sol e Abeleira Menéndez. Precisou o rexedor que estas dúas escaleiras mecánicas que se prevé construir salvarán un desnivel de 9,86 metros. As obras realizaránse en dúas fases e o custo final ascenderá a 1,2 millóns de euros.