Balaídos, escenario da campaña "Gústame o galego de primeira"
O Concello, a Universidade de Vigo, a Fundación Celta e o Real Club Celta están a desenvolver a campaña de dinamización da lingua galega " Gústame o galego de primeira". Para demostrar ese apoio, o sábado, 9 de novembro, en Balaídos farase o fotocol da campaña, entre Marcador e Tribuna estará todo disposto para darlle o apoio a lingua galega. Dende as 19.00 h e até o comezo do partido (22.00 h).
"Gústame o galego" (www.gustame.gl) é unha campaña de normalización da lingua que se vén realizando por todo o país e cuxo obxectivo é sumar apoios a prol da lingua galega e visualizalos.
"Gústame o galego de primeira" suma os apoios individuais e colectivos de xogadores, cadro técnico e da propia entidade. Sabemos da importancia de termos referentes en calquera actividade da nosa vida, e somos tamén conscientes da relevancia que as e os deportistas teñen entre a mocidade. Este Celta que tira da xente da casa, que ten xogadores vigueses e galegos había ser o referente para levar a cabo unha acción normalizadora da lingua galega.
Descargar todas as imaxes