Xornadas de arte e xénero na Fundación Laxeiro
A Fundación Laxeiro, en colaboración coa Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo e a Facultade de Belas Artes de Pontevedra, organiza as xornadas "A arte ten xénero?", de introdución aos principais aspectos que relacionan xénero e creación artística.As xornadas desenvolveranse na sede da fundación (r/ Policarpo Sanz, 15-3º), os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, e a inscrición é gratuíta.
Estas xornadas nacen da observación do estancamento en cuestións de xénero que se observa no mundo da creación e a programación artística. Cambiar esta situación implica unha transformación dos modelos estéticos e arquetipos culturais imperantes nos ámbitos creativos e de comunicación
As xornadas desenvolveranse na sede da fundación (r/ Policarpo Sanz, 15-3º), os días 4, 5 e 6 de novembro, en horario de 19:00 h a 21:00 h, e a inscrición é gratuíta. O público destinatario son creadoras e creadores en xeral, estudantes e profesorado de todos os ámbitos artísticos, programadores e xestores culturais e público en xeral, interesado na arte ou no xénero.
Están dirixidas por Dolores Ruiz, especialista en cuestións de xénero e políticas de igualdade. Dolores Ruiz é máster cum laude en Xénero, Educación, Políticas de Igualdade e Liderazgo pola Universidade de Vigo; especialista en auditorías de igualdade de mulleres e homes pola Universidade Jaume I de Castelló; licenciada en Filoloxía Hispánica pola UNED e diplomada en Estudos Avanzados dentro do programa de doutoramento Literatura española e Teoría da literatura pola Universidade de Vigo.
Dolores Ruiz ten unha ampla experiencia no desenvolvemento de cursos, talleres e xornadas sobre as relacións de xénero no mundo laboral, educativo e familiar, para diversas organizacións e na realización de diagnósticos e plans de igualdade de oportunidades para diferentes organizacións empresariais galegas. Impartiu numerosos talleres de educación sexual e prevención de violencia de xénero para alumnado da ESO, ademais de talleres para pais e nais de alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria. Tamén ten realizado estudos socioeconómicos e plans de igualdade para diversas administracións locais en Galicia e coordinado talleres sobre igualdade para traballadoras e traballadores sociais da Xunta de Galicia.
Como creadora literaria foi gañadora dos premios Blanco Amor de novela en 2004; Barco de vapor en 1998 e finalista na IV Edición dos Premios de cuentos ilustrados, convocado pola Deputación de Badaxoz en 2002, ademais de impartir numerosos talleres de escritura e lectura en diversas bibliotecas de Galicia.
As xornadas están organizadas dentro das actuacións que a Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo leva a cabo de xeito transversal en diferentes ámbitos sociais e, nesta ocasión, inscríbense dentro das actividades da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, cuxo coordinador é o profesor titular desta facultade e artista, Ignacio Pérez-Jofre Santesmases.
A matrícula é totalmente gratuíta e farase por rigorosa orde de inscrición. As prazas son limitadas. Para participar, as persoas interesadas, deben poñerse en contacto coa Fundación Laxeiro no teléfono: 986.438.475 ou no correo-e fundacion@laxeiro.es
Descargar todas as imaxes