O Concello subvenciona o aluguer do local da Federación de Asociacións de Familiares de Enfermos Mentais
O alcalde, Abel Caballero, rubricou este venres o convenio cos responsables de FEAFES, un acordo polo que o goberno de Vigo achega 4.000 euros para colaborar no financiamento do local que emprega a Federación na rúa Rola.