venres, 25 nov 2022
Abel Caballero participou este venres na entrega de premios do Concurso de Fotografía organizado polo IES República Oriental do Uruguay, a ANPA do mesmo e o Centro Comercial Travesía de Vigo con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller. O alumnado da ESO recolleu en imaxes o que considera igualdade e as súas fotografías poden verse nas instalacións do centro comercial. O rexedor felicitounos polo traballo realizado e trasladoulles a importancia do respecto á muller e do respecto á igualdade.
venres, 11 nov 2022
O Concello recolleu o recoñecemento do Ministerio de Industria, Comercio e Turismo nunha gala celebrada en Guipúzcoa presidida pola ministra Reyes Maroto.
xoves, 27 out 2022
O alcalde informou do inicio da campaña de promoción das festas navideñas de Vigo a próxima semana coa presenza de carteis promocionais nos soportes de publicidade exterior de 390 cidades españolas e 4 portuguesas.
martes, 18 out 2022
Abel Caballero e a directiva de Hipermercados Carrefour en Vigo mantiveron unha xuntanza para avaliar distintos temas de alimentación e o bo desenvolvemento da marca en Vigo. Tamén presentouse a campaña do Nadal e a súa situación actual na cidade, que pon de manifesto a boa relación entre ambas institucións.
mércores, 24 ago 2022
Abel Caballero asistiu este mércores á presentación dunha nova edición do programa que organiza a asociación de comerciantes e que se desenvolve desde este venres 26 de agosto e ata o 10 de setembro. O rexedor eloxiou os pinchos que conforman a oferta da Ruta deste ano e animou á cidadanía a achegarse ata Teis para gozar das trece propostas culinarias. Na presentación da Ruta dos Pinchos de 2022 participaron María Jesús Román, presidenta de Zona Teis Centro Comercial; a presidenta do Mercado de Teis, Purificación Santos, e o presidente da Federación Vigo Comercio, Roberto Giráldez.
luns, 8 ago 2022
O primeiro fin de semana de agosto alcanzou o 96% de ocupación hoteleira. O alcalde valorou positivamente os datos e louvou a actividade turística na cidade. Abel Caballero mantivo unha xuntanza coa Federación de Comercio de Pontevedra.
martes, 2 ago 2022
Abel Caballero deu comezo “ao proxecto turístico top no mundo” co inicio da montaxe das luces de Nadal, que volverán a ser 11 millóns de leds repartidos en máis de 400 rúas da cidade.
mércores, 29 xuñ 2022
O edil de Comercio, Ángel Rivas, presentou a proposta para solicitarlle a declaración destas áreas de Vigo á consellería de Economía, Empresa e Industria.