Vigo enche rúas, comercios, restaurantes e hoteis co Nadal

luns, 18 dec 2023

Abel Caballero expresou que o Nadal está a atraer a milleiros de turistas e visitantes e que "se están a bater todos os récords". O alcalde explicou que a ocupación hoteleira foi case do 100% e que moitos dos que se achegan a Vigo para visitar as luces de Nadal teñen que pernoctar noutras vilas como Pontevedra ou Ourense. Caballero valorou positivamente o bo funcionamento do dispositivo de tráfico para a recepción dos visitantes e certificou os cheos absolutos na hostalería e comercios. Tamén valorou positivamente o retorno social que está a ter o Nadal: "Os visitantes convértense en prescriptores do Nadal", manifestou.

O alcalde celebra o éxito do Nadal co sector comercial e turístico

mércores, 13 dec 2023

Abel Caballero mantivo unha xuntanza co sector hoteleiro, hostaleiro, comercial e de servizos no Nadal para valorar como está a funcionar o turismo e a recepción de visitantes á cidade. “Valoramos o bo funcionamento, cun Nadal excepcional no que o nivel de satisfacción dos turistas é evidente”, declarou o alcalde ao finalizar o encontro.

O Concello licita a implantación das ramplas mecánicas en Escultor Gregorio Fernández

xoves, 11 mai 2023

Trátase dunha actuación que se suma ao corredor mecánico desde o Areal ata o Barrio de Ribadavia. O importe é de 2.674.000 euros, dos cales 1.911.000 apórtaos o Goberno de España a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia dotado cos fondos Next Generation EU.