O Goberno de España premia a Vigo por potenciar o comercio local

mércores, 29 abr 2026

Abel Caballero destacou o enorme “orgullo” co que Vigo recibe o recoñecemento do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa coa entrega hoxe en Toledo da mención honorífica ao Compromiso Municipal nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2025, polo traballo a favor do pequeno comercio.

O Mercado do Calvario celebra o primeiro centenario do seu edificio cunha exposición ao aire libre

xoves, 27 nov 2025

O alcalde visitou a mostra que dá a coñecer a evolución histórica, arquitectónica e social deste espazo emblemático de Vigo. O proxecto divulga como, a principios do século XX, o Concello impulsou a creación dun mercado municipal para mellorar as condicións de conservación e venda dos produtos frescos. A exposición analizará os dous proxectos arquitectónicos redactados polo arquitecto Jacobo Esténs: o primeiro, de 1916, e o definitivo, de 1925, que deu forma ao edificio actual. O percorrido expositivo estrutúrase en catro cubos, cada un deles con catro lonas. Inclúese tamén a realización de debuxos orixinais do Mercado do Calvario, da Igrexa dos Picos, do Caserón Michel Pacewicz e das Adegas Bandeira, realizados por un ilustrador profesional.

O alcalde participa na apertura do novo espazo IKEA en Vialia

luns, 6 out 2025

Durante o acto de inauguración, Abel Caballero trasladou a Benjawon Omark, directora de IKEA en Galicia, os mellores desexos para o “gran éxito” que augurou ao novo espazo en Vigo e celebrou a “capacidade de atracción de Ikea por prezo, calidade e atención”. O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, e o delegado de Zona Franca, David Regades, así como o director de Vialia, Juan Louro, estiveron presentes na apertura na que Caballero felicitou ao persoal de Ikea e a todos os traballadores de Vialia animándoos a seguir "neste proceso de unidade de Vigo, que nos dá a forza. Ofertamos unha cidade amable e amigable”.

Vigo acolle de novo a Festa do Marisco do 4 ao 7 de setembro

martes, 26 ago 2025

Abel Caballero participou na presentación da XVIII edición desta festa que chega ao porto pesqueiro do Berbés despois de non celebrarse desde o ano 2019. O alcalde louvou a acción da organización, ACOPEVI, por recuperar esta festa e animou á cidadanía a achegarse para degustar "o mellor marisco, o de Vigo".

O alcalde visita as novas instalacións de Rodilla en Vialia

xoves, 26 xuñ 2025

Abel Caballero participou este xoves na inauguración do novo restaurante Rodilla da cidade, situado no Centro Comercial Vialia, nun acto no que estivo María Carceller, CEO de Grupo Rodilla, unha compañía con 86 anos de traxectoria, e Víctor Toller, responsable do establecemento.

Caballero felicita a Women in Retail pola súa implantación en Galicia

luns, 24 feb 2025

O alcalde acudiu ao evento de presentación da comunidade profesional Woman in Retail en Galicia, unha agrupación de 300 mulleres líderes na industria retail en máis de 17 sectores. Caballero celebrou o seu labor nas cidades: "Quero un modelo de cidade no que o retail ocupe o seu espazo", expresou nas xornadas ante un centenar de persoas no salón do Real Club Náutico. O rexedor felicitou á organización e agradeceu a súa forma de facer economía con moita calidade.