O Goberno de España premia a Vigo por potenciar o comercio local
Abel Caballero destacou o enorme “orgullo” co que Vigo recibe o recoñecemento do Ministerio de Economía, Comercio e Empresa coa entrega hoxe en Toledo da mención honorífica ao Compromiso Municipal nos Premios Nacionais de Comercio Interior 2025, polo traballo a favor do pequeno comercio.
Abel Caballero apuntou que a distinción recoñece a iniciativa do Concello, especialmente no Nadal, polo “enorme impulso” que significa para o pequeno e mediano comercio de Vigo encher a cidade de millóns de visitantes. O alcalde recalcou que ao longo de todo o ano o Concello desenvolve actividades como O Marisquiño, a Festa da Reconquista, os concertos de Castrelos e o Entroido, que xeran a afluencia de miles de persoas.