Escoitar

Vigo retoma a campaña internacional “Love your local market”

O alcalde informou que os mercados municipais de Vigo volven a ser o epicentro da campaña internacional “Love your local market” que ten por obxectivo a dinamización do comercio.

venres, 26 mai 2023

Desde este xoves os mercados municipais de Vigo están inmersos na campaña “Love your local market”, un plan internacional de dinamización do comercio que comezou no Reino Unido no ano 2011 ao que Vigo adheriuse no ano 2015 tras o éxito acadado no país anglosaxón.

O alcalde explicou que Vigo tivo activa a campaña ata o 2019, logo a pandemia freou todo e agora o Concello pona de novo en marcha para dinamizar o comercio e os mercados municipais de Vigo.

Ata o 10 de xuño haberá actividades musicais, demostracións de cociña, baile, visitas escolares e outras actuacións que contribúen á animación dos mercados como showcookings, obradoiros infantís, degustacións, flashmob, sorteos e visitas escolares.

Descargar todas as imaxes