Caballero avanza que a Rede Social Galicia Sur cooperará co goberno local no funcionamento do albergue

martes, 27 dec 2011

Abel Caballero e representantes do colectivo mantiveron hoxe martes un encontro no que o rexedor informoulles da resolución definitiva dunha "cuestión de gran envergadura", como é o albergue. Ambos acordaron "manter unha cooperación activa sobre o funcionamento do albergue" e a Rede visitará a instalación para aportar eventuais melloras no dispositivo.

Abel Caballero avanza que as reformas no albergue "nun mes poden estar rematadas"

martes, 20 dec 2011

Tras a primeira noite de actividade do dispositivo de emerxencia do frío, ubicado no futuro albergue de Marqués de Valterra, o alcalde vigués valorou que "funcionou maravillosamente ben", tras acudir 25 persoas. As obras a realizar no inmoble son "moi menores" e poderían estar rematadas "nun mes". "Estamos a acelerar o dispositivo para a licitación e adxudicación <da xestión> a unha empresa, como marca o convenio", adiantou o rexedor vigués.

O alcalde anuncia a apertura do dispositivo do frío na Casa do Pescador e a humanización de Marqués de Valterra

luns, 19 dec 2011

O Concello de Vigo recibíu este luns formalmente a Casa do Pescador, doada pola Fundación Valeriola, para a apertura do albergue municipal, que hoxe mesmo abrirase como dispositivo de frio con 50 camas. Abel Caballero anunciou asemade a humanización da rúa, Marqués de Valterra, e eloxiou o "éxito colectivo de todos" de contar cun centro de inclusión social público na cidade.

Aberta a XI edición da campaña "De boa man"

martes, 13 dec 2011

A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, visitou hoxe martes as carpas da campaña "DE BOA MAN", instaladas na rúa do Principe esquina con Velazquez Moreno e que permanecerán ata o día 16 de decembro en horario continuado, de 10.00h a 20.00h. Esta campaña, ten por obxecto involucrar a todo o tecido social da cidade cara á integración social das persoas con discapacidade, así como, ofertar un comercio alternativo e máis solidario.

Vigo celebra o "Día Internacional da discapacidade"

venres, 2 dec 2011

Con motivo do "Día internacional da discapacidade" a concellería de Política de Benestar do celebrou hoxe venres na Casa das Artes un acto no que se deu lectura ao manifesto do "Día internacional da discapacidade", entregaronse os premios "Accesibilidade" e "Atranco" e presentouse a exposición "COLLAXATE". No manifesto reivindicase os dereitos sociais e a continuidade e estabilidade do sector da discapacidad.

O alcalde anuncia o acordo de cesión das instalacións de Marqués de Valterra para albergue municipal "definitivo e permanente"

xoves, 17 nov 2011

Abel Caballero participou este xoves na reunión do Padroado da Fundación "Casa do Pescador-Institución Valeriosa" que acordou ceder ao Concello a sede das Misioneras do Silencio para converterse en albergue municipal. Unha vez aceptada a cesión, a xestión sairá a concurso público, aínda que non se desbota a posibilidade de abrilo -antes de rematar a tramitación administrativa- como dispositivo de emerxencia.