O Concello achega 16.000 euros ao Secretariado Xitano para faciltar a intregración social e laboral
O alcalde asinou hoxe un convenio coa Fundación Secretariado Xitano por importe de 16.000 euros. O obxectivo é "unir esforzos para mellorar a integración social e laboral" da comunidade xitana, explicou Caballero.
"Unir esforzos e actuar coordinadamente" é a intención do convenio que asinaron esta mañá o rexedor e o responsable da Fundación Secretariado Xitano. Cun importe de 16.000 euros, a mesma cantidade que o ano pasado, apuntou na posterior rolda de prensa, o obxectivo é mellorar a integración social, educativa e laboral. O rexedor explicou que este colectivo está moi preocupado polo elevado absentismo escolar desta etnia a partir dos 12 anos.
Descargar todas as imaxes