Escoitar

O alcalde participará no III Seminario galego das Mulleres pensionistas de CCOO

O alcalde de Vigo aceptou hoxe a invitación dos responsables de xubilados de Comisións Obreiras para participar na terceira edición do Seminario das Mulleres pensionistas, de ámbito galego. A cita será o próximo 21 e 22 de outubro no Hotel Coia.

mércores, 16 out 2013
1381924377jubilados.JPG
O alcalde de Vigo participará "de xeito activo" na terceira edición do Seminario das Mulleres pensionistas, que reunirá na nosa cidade a participantes de toda Galicia. Tal e como explicou en rolda de prensa, logo de manter unha reunión cos responsables de xubilados de Comisións Obreiras, neste foro de debate, que se organizará no hotel Coia os próximos 21 e 22 de outubro, abordaránse a situación deste colectivo tras os recortes en materia social, sanitaria e económica.
Descargar todas as imaxes