Abel Caballero revela que o goberno local estuda un borrador de convenio para ubicar o albergue en Marqués de Valterra

xoves, 10 nov 2011

O alcalde indicou este xoves que avanza o proceso para establecer o centro municipal de inclusión social na sede das Misioneiras do Silencio, en Marqués de Valterra, tras o que adiantou que actualmente estuda un borrador de convenio. Caballero explicou que non parará os traballos de adaptación da Escola de Hostelería ata que se concrete a primeira opción.

Caballero garante ao Valedor do Cidadá que o goberno local non reducirá "nin un euro" o gasto social

xoves, 3 nov 2011

O alcalde transmitiullo a Luis Espada no transcurso dunha reunión celebrada este xoves, despois de solicitalo aos goberno municipais no cumio de valedores locais celebrado o mes pasado en Granada. Abel Caballero garantiu que os orzamentos de 2012 non recortarán partidas para política social e engadiu que, "lamentablemente" a Xunta si recortou máis dun 10% para dependencia en Vigo.

O alcalde asegura ao grupo Imán que Vigo terá un dispositivo de emerxencia previo ao albergue

martes, 25 out 2011

Abel Caballero reuníuse este martes co colectivo social, a quen garantiulles que a cidade contará cun albergue municipal. Tamén aseguroulles o rexedor que, de adiantarse o frio e non estar o centro de inclusión social dispoñible, o goberno de Vigo abrirá un dispositivo de emerxencia para os sen teito ata a apertura do albergue. O alcalde informoulles do estado das obras no edificio da antiga Escola de Hostelería, no Berbés, e das xestións en marcha cos Misioneros do Silencio.

O alcalde deu lectura a un manifesto polo Día Mundial da Saúde Mental

luns, 10 out 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, participou este luns no acto organizado pola Asociación DOA para conmemorar o Día Mundial da Saúde Mental, no que o rexedor deu lectura a un manifesto para a "integración social" dos enfermos e chamando á "acción social colectiva" en favor destes e dos seus familiares. Caballero reiterou o "apoio" do Concello a DOA e a calquera entidade que traballe polos dereitos dos enfermos mentais.

Unha mostra artística, valente, crítica, para contribuír ao cambio necesario na nosa forma de vida

Chega a Vigo "PUERTAS", unha exposición sorprendente sobre o mundo en que vivimos

xoves, 29 set 2011

O venres, 30 de setembro, ás 20 horas, inaugúrase na Casa das Artes a exposición "PUERTAS. A Vida que levamos. O Mundo que queremos", unha mostra de 500 m2, artística e comprometida, que xa foi visitada por 25.000 persoas en diferentes cidades españolas. É a primeira vez que a exposición pode verse en Galicia.

O alcalde invita a participar este domingo na "marcha de alegría" de Aspanaex

xoves, 29 set 2011

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, presentaron hoxe xoves xunto aos responsables da Asociación da XXVIII Marcha Aspanaex, que celebrarase este domingo ás 10:30 horas desde o Auditorio do Parque de Castrelos. Esta edición rendirá unha homenaxe á memoria do Irmán Marista Virgilio González, antigo director de Aspanaex.

Familiares de nenos afectados pola leucodistrofia celebran en Vigo unha marcha de sensibilización, o sábado

venres, 23 set 2011

A concelleira de Política de Benestar, Isaura Abelairas, participará na marcha de sensibilización sobre as leucodistrofias que se celebrará o sábado día 24 de setembro, ás 17 horas. Partirá do Parque de Castrelos (escenario pequeno situado á esquerda onde se lerá un manifesto relativo á xornada mundial sobre esta enfermidade), e que continuará o percorrido ao longo da Avenida de Castrelos, Gran Vía, Urzáiz e Príncipe, até chegar á Porta do Sol,onde terá lugar a solta de globos brancos en símbolo do apoio a todas as familias que sofren esta enfermidade.

O alcalde respalda á laboura social da Fundación Banco de Alimentos

xoves, 22 set 2011

Nunha reunión mantida este xoves na Alcaldía, Abel Caballero asegurou que apoiará á Fundación Banco de Alimentos na súa función solidaria na cidade, dadas as dificultades que teñen derivadas da reducción de duas terceiras partes dos fondos económicos que viñan percibindo da Unión Europea. O alcalde solidarizouse coa Fundación, analizaron a situación dos comedores aos que prestan servizo e respaldará desde o Concello a súa laboura social.