O Concello incrementará os fondos para CEDRO tras un novo recorte do goberno autonómico
O alcalde denunciou este luns unha caída do 22,16% na achega da Xunta de Galicia a CEDRO, o Centro de Drogodependencias de Vigo, unha rebaixa con respecto a 2012 superior aos 129.000 euros. Abel Caballero anunciou que será o Concello, pese a non ser competencia municipal, o que supla este recorte.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, denunciou este luns que a Xunta de Galicia recorta en máis de 22% os fondos que destina ao Centro de Drogodependencias da cidade, máis de 129.000 euros que asumirá novamente o Concello.
Segundo revelou Caballero, o goberno autonómico achegou en 2012 máis de 583.000 euros e, pola contra, vén de comunicar ao Concello que a cantidade para este ano cae ata os 454.000 euros. Recordou o rexedor que a Xunta de Galicia pagaba no ano 2009 preto de 700.000 euros, case a metade do orzamento total de CEDRO, que supera o millón e medio de euros.
O alcalde contrapuxo a caída de fondos da Xunta de Galicia co paulatino incremento da achega a CEDRO por parte do goberno local. En 2009, e pese a tratarse dunha competencia de carácter autonómico, o Concello de Vigo sufragaba o Centro con máis de 726.000 euros; en 2012, tras o recorte autonómico, subiu a cantidade ata os 944.000 euros e, para este 2013, superará o millón de euros ao asumir os 129.000 euros rebaixados novamente polo executivo presidido por Núñez Feijóo.
Caballero afirmou que neste 2013, no relativo a CEDRO, "a situación é que a Xunta achega o 29% e nós o 71%, de algo que é competencia exclusiva da Xunta de Galicia, a atención á drogodependencia". O Centro de Drogodependencias de Vigo deu servizo o pasado ano a máis de 1.100 usuarios.
Descargar todas as imaxes