Normalización lingüística

Por Vigo con Rosalía

venres, 26 feb 2016

O servizo de Normalización lingüística organiza o sábado 27, un percorrido polo Casco Vello vigués da man de Rosalía de Castro ás 11:00, no Paseo de Afonso XII, ao carón da oliveira (duración do percorrido 1 hora e media).<br />

CORRECCIÓN ERROS

venres, 19 feb 2016

En relación ó establecido na Convocatoria do exame para a obtención do permiso municipal de condutor de taxi, publicado na data 12 de febreiro de 2016.

BANDO<br /> Concurso de comparsas e carrozas do Entroido, sábado 20 de febreiro

venres, 19 feb 2016

Con motivo do traslado ao día 20 de febreiro do "Concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2016", que afectarán principalmente ás rúas García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e corte de tráfico:<br /> DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.- A saída da comitiva está prevista para as 18,00 horas que percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematarán.

Convocatoria do exame de obtención do permiso municipal de condución de taxis

venres, 12 feb 2016

Ponse en coñecemento de todas as persoas interesadas en tomar parte nas probas para a obtención do PERMISO MUNICIPAL DE CONDUTOR DE TAXI, que deberán presentar a solicitude, xunto coa documentación esixida no artigo 25 da vixente Ordenanza municipal reguladora do servizo de taxi (BOP nº 48, de 11 de marzo de 2015) e que se relaciona seguidamente. O prazo para a presentación das citadas solicitudes comprende dende o día seguinte ao da publicación deste anuncio e até o 4 de marzo de 2016, incluído. A documentación requirida é a seguinte:

Bases reguladoras de adxudicacion de prazas para participar no programa de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Inglés 2016"

venres, 12 feb 2016

A Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria do 29 de xaneiro de 2016 aprobou as "Bases reguladoras e convocatorias ordinaria e extraordinaria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa "Vigo en Ingles 2016", dirixidas ao alumnado de 3º de ESO e de 2º de Bacharelato de centros educativos do Concello de Vigo ". (exptes. 17631-332 e 17632-332)