venres, 1 abr 2016
A Concellaría de Normalización Lingüística organiza o curso de escritura creativa para adultos "obradoiro literario Aliteraclara" impartido pola escritora Clara do Roxo e terá lugar o 25 de abril; 2, 9, 23 de maio; de 18:30 a 21:00 no Centro Municipal de Distrito de Casco Vello (rúa Oliva, 12).Para se inscribir deben enviar os seus datos (nome completo e teléfono) ao correo electrónico claradoroxo@gmail.com<br />
<br />
venres, 11 mar 2016
A Concellería de Xuventude organiza un obradoiro de cine do 5 de abril ó 31 de maio dirixido a persoas de idades de entre 14 a 30 anos e que se desenvolverá tódolos martes e xoves de 18:30 a 20:30h na Casa da Xuventude. <br />
venres, 11 mar 2016
A Concellería de Xuventude en colaboración coa Concellería de Normalización Lingüística convócanse dous obradoiros para dar a coñecer as diversas opcións que hai en galego para os distintos tipos de actividades no sector do tempo libre e fomentar o seu uso entre o monitorado e as persoas docentes.
venres, 4 mar 2016
De acordo co art. 39.1.b da Ordenanza fiscal xeral deste Concello, establécese a data límite para admisión de solicitudes de altas, modificacións e baixas de domiciliacións do imposto de vehículos de tracción mecánica do ano 2016 ata o 11 de marzo do presente ano.
venres, 4 mar 2016
A Xunta de Goberno Local aprobou as Normas para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais de 0 a 3 anos para o curso 2016/2017.
venres, 4 mar 2016
A Concellería de Participación Cidadá, debido a demanda da cidadanía, organiza cursos de alfabetizacion dixital durante os meses de marzo, abril, maio e xuño na aula de formación TIC da rúa Oporto, 2.
martes, 1 mar 2016
A Concellería de Política de Benestar programa talleres de risa activa, relaxación e movemento, musicoterapia, memoria, vivir en positivo, saúde e diversión, danzas do mundo ,pilates en cadeira, autocoñecemneto,masaxes e taichí.Dirixida a persoas con autonomía maiores de 65 anos. Os talleres son gratuitos e teñen una duración anual.As solicitudes presentaranse no Rexistro do Concello.
Normalización lingüística
venres, 26 feb 2016
O servizo de Normalización lingüística programa un obradoiro de improvisación teatral destinado a adolescentes ou persoas adultas non profesionais no eido das artes escénicas.