Escoitar

BANDO<br /> Concurso de comparsas e carrozas do Entroido, sábado 20 de febreiro

Con motivo do traslado ao día 20 de febreiro do "Concurso de comparsas e carrozas do Entroido 2016", que afectarán principalmente ás rúas García Barbón, Policarpo Sánz, Porta do Sol, Elduayen e Paseo de Alfonso XII, levarase a cabo o seguinte dispositivo de regulación e corte de tráfico:<br /> DESFILE DE COMPARSAS E CARROZAS.- A saída da comitiva está prevista para as 18,00 horas que percorrerá as rúas García Barbón (dende o nó de Isaac Peral, Policarpo Sanz e Porta do Sol, onde rematarán.

venres, 19 feb 2016
1455882184entroido2016.jpg
A partir das 17,00 horas quedará cortada ao tráfico as rúas do percorrido

Desviacións:
- Os vehículos que intenten acceder ás rúas do percorrido das comparsas non poderán facelo dende as horas establecidas.
- Queda pechado ó tráfico o acceso dende a rúa López de Neira por rúa Doutor Cadaval, non podendo saír á Porta do Sol.
- Aqueles vehículos que circulen pola Avenida de Galicia terán que desviarse pola Avenida de Bos Aires á Travesía de Vigo e centro da cidade, ou ben facelo por Sanjurjo Badía para entrar na rotonda de Julián Estévez e os túneles de Areal – Beiramar, para chegar a rúa Coruña e Bouzas.
Recoméndase ós vehículos procedentes de Bouzas-Beiramar a utilización da rúa Coruña, Praza de América e Gran Vía para os destinos de Gran Vía e Calvario.
- Os vehículos precedentes da autoestrada con saída Alfonso XIII, e os que baixen por esta rúa, desviaranse pola rúa Cervantes.
- Os vehículos que procedan do Calvario pola rúa Urzáiz terán que ser desviados no cruzamento con Vázquez Varela.
- Recoméndase a utilización da circunvalación de Arquitecto Palacios.
- Aconséllase ós vehículos que procedan da Praza de España con destino á zona de Beiramar a utilización da Gran Vía, Praza de América e rúa Coruña para chegar ó seu destino.
- Os vehículos que circulen pola Gran Vía con dirección ás rúas Alfonso XIII e García Barbón desviaranse no cruce da rúa Lepanto con sentido ascendente á rúa Urzáiz.
- Anularase a saída da autoestrada por Isaac Peral.
- Ós vehículos que circulen pola Travesía de Vigo con dirección a García Barbón non se lles permitirá chegar facendo que xiren na rotonda de San Lourenzo.
- Os vehículos que circulen pola rúa Areal desviaranse pola rúa Oporto e rotonda da Paelleira.
- Os vehículos que circulen pola rúa Rosalía de Castro desviaranse pola rúa Serafín Avendaño e Miragaia cara a rúa Arenal dirección Plaza de Compostela.
- Soamente se permitirá baixar pola rúa Urzáiz dende os diversos cortes a aqueles vehículos que pretendan utilizar os estacionamentos públicos ou privados.

Peches de tráfico:
Os cortes produciranse en:
-García Barbón-Sanjurjo Badía.
-Saída da autoestrada a Isaac Peral
-Rotonda de San Lourenzo con dirección a García Barbón.
-Rúa Colón-Marqués de Valladares
-Paseo de Alfonso XII
-López de Neira-Doutor Cadaval
-Alfonso XIII-Cervantes
-Urzáiz-Lepanto
-Urzaiz-México
-Urzaiz-Vázquez Varela
-Serafín Avendaño-Rosalía de Castro
-Serafín Avendaño-Areal
-Miragaia-Rosalía de Castro
-Miragia-Areal
-Oporto-Rosalía de Castro
-Canceleiro-Rosalía de Castro
-República Arxentina-Uruguai

As únicas entrada e saídas á zona do Areal-Rosalía de Castro-zona Praza de Compostela e Beiramar terán que ser pola rotonda de Julián Estévez e pola rúa Coruña.

Desaconséllase totalmente a utilización desta zona agás ós que teñan o seu destino na mesma ou ós usuarios da autoestrada.

Punto de encontro de nenas/os perdidos, posto de emerxencia e zona reservada.

Establecerase un posto destacado de emerxencias no cruzamento Colón-Urzáiz e dous postos de atención a nenos/as perdidos no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e Porta do Sol.

No caso de perdas de nenos/as, dirixirse ós voluntarios/as de Protección Civil, Cruz Vermella, Organización e ós axentes da Policía Local.

Establécese unha reserva de espazo para persoas con mobilidade reducida no cruzamento da rúa de Alfonso XIII con García Barbón (diante de Santiago de Vigo).

Recomendacións finais

-Evitar o uso dos vehículos particulares.
-Evitar o estacionamento indebido de vehículos no centro das calzadas nos treitos cortados, xa que son necesarios corredores de emerxencia de ambulancias e bombeiros.
-Evitar a concentración de público na zona de montaxe da comitiva na rúa García Barbón entre o nó de Isaac Peral e a rotonda de Julián Estévez e Sanjurjo Badía.
-O acceso das comparsas e carrozas ao lugar de concentranción realizarase preferentemente dende a rotonda de Julián Estévez.
-Manter control sobre os nenos, evitando a súa perda e que se abalancen preto das carrozas na busca de caramelos.
-Atender as instrucións da Policía Local, Protección Civil, Cruz Vermella e persoal de seguridade da Organización.
Descargar todas as imaxes