mércores, 2 abr 2025
Abel Caballero apelou este mércores, ante o presidente da Fundación Menela, Cipriano Jiménez, e a concelleira de Política Social, Yolanda Aguiar, durante o acto celebrado no Auditorio Municipal para conmemorar o Día Mundial do Autismo, ao "apoio global de todas as institucións" ás persoas afectadas cun trastorno do espectro autista. Neste contexto, o alcalde, tras recalcar a transcendencia do traballo realizado durante 49 anos por unha fundación que é un "modelo" de actuación, anunciou a posta en marcha dunha ludoteca, así como o compromiso do goberno municipal con Menela "durante todos os días do ano". O rexedor Incidiu en que "son tempos de que se visualice con maiúsculas todo o que ten que ver co autismo".
mércores, 2 abr 2025
Durante a presentación do XII Congreso Nacional de Organizacións de Maiores, o alcalde afirmou que o papel das persoas maiores na sociedade é “unha revolución en marcha”. A cidade acollerá este evento os próximos 24 e 25 de abril na sede de Afundación.
martes, 1 abr 2025
O alcalde presentou hoxe o programa de primavera do “Festival Sinsal” . Conta con tres concertos dos artistas internacionais Joseph Keckler, "Chemtrails" e "Bombataz", entre os meses de abril e maio.
martes, 1 abr 2025
As obras de humanización de Beiramar, inauguradas este martes, enmárcanse tanto na “forma de entender o desenvolvemento de Vigo”, coa construción de paseos urbanos e verdes, como no apoio do Goberno a numerosos e importantes proxectos de Vigo asignando fondos europeos do Plan de Recuperación. Así o recalcou o alcalde ante o secretario de Estado de Transportes, o delegado do Goberno en Galicia, o presidente da Xunta e o máximo responsable da Autoridade Portuaria de Vigo, no acto que contou coa participación de integrantes de Autismo Galicia e do Grupo Once.
luns, 31 mar 2025
A cidade encheuse esta fin de semana para celebrar a vitoria sobre os exércitos napoleónicos, nunha cita que “bateu marcas de asistencia con máis de 250.000 persoas”, segundo indicou Caballero.
luns, 31 mar 2025
O alcalde interveu no Pleno para defender Vigo como sede do Mundial de Fútbol 2030: “Roubáronos politicamente unha candidatura do Mundial 2030. Isto é un escándalo. A Federación ten que facer que Vigo sexa sede do Mundial”, afirmou. A proposta do grupo socialista saíu adiante cos votos favorables do goberno e a abstención do Partido Popular e o BNG.
xoves, 27 mar 2025
O alcalde saudou este xoves aos 44 alumnos do Colexio San José da Guía que percorren o centro histórico de Vigo, dentro do programa didáctico "Aventura no Vigo Vello-Reconquista 2025", para contemplar os escenarios onde tivo lugar a xesta histórica de 1809 da expulsión de Vigo das tropas napoleónicas. O alumnado gozou do programa educativo que lles permite coñecer de modo práctico un importante feito histórico da cidade. Máis de 1.000 escolares participarán ata o día 11 de maio das visitas teatralizadas.
xoves, 27 mar 2025
O Teatro García Barbón acolleu este mércores a Gala de entrega das Medallas da Cidade e dos premios Viguesas e Vigueses Distinguidos de 2025. No seu discurso, o alcalde puxo en valor a unión da cidade, unha forza coa que "xa temos o noso lugar no mundo. Puxemos a Vigo no mapa e xa ninguén nos sacará del".
xoves, 27 mar 2025
O Halo, as fontes de Aragón e a fachada da antiga estación de tren de Urzáiz súmanse á conmemoración da festa histórica da cidade tinguíndose de vermello. O Halo ilumínase de vermello e branco este venres entre as 20:00 e ata as 23:00 horas os primeiros quince minutos de cada hora, é dicir, de 20 a 20:15h, de 21 a 21:15h, de 22 a 22:15h e de 23 a 23:15 horas. As fontes de Aragón e a fachada da antiga estación de tren de Urzáiz ilumínanse de vermello este venres, sábado e domingo desde as 20:00 horas e durante toda a noite.
xoves, 27 mar 2025
A cidade engalánase esta fin de semana para celebrar a súa festa histórica, a "romería urbana máis importante de Galicia" en palabras do alcalde, rememorando a expulsión das tropas francesas por parte das viguesas e vigueses en 1809. O Casco Vello da cidade énchese con postos de mercado, gastronomía, música, baile e representacións teatrais. Este venres, o Concello organiza o acto institucional de lectura do pregón, a cargo de Óscar Vladimir Vallejo Torres, Fiscal Xefe da Fiscalía da Área de Vigo. Será na Praza da Independencia ás 12:00 horas.