xoves, 16 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, tra-la ruptura do pacto de gobernabilidade co Bloque Nacionalista Galego, ven de distribuir as competencias dos concelleiros de Goberno, que quedan do seguinte xeito:
mércores, 15 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, acudiu hoxe en Vigozoo á presentación das novas instalacións do lince, que acollen a femia e a cría nacida o pasado mes de maio. Acompañado pola concelleira de Deportes, María Xosé Porteiro, o Alcalde manifestou a súa satisfacción pola inauguración deste habitáculo e resaltou a boa acollida que ten o zoo na cidadanía.
luns, 13 out 2003
O alcalde Vigo recibiu a membros do comité organizador do Salón de Turismo, Expogalaecia , acompañados do presidente da Rexión de Turismo de Val do Minho, Francisco Sampaio e dunha ampla representación de alcaldes da Asociación de Municipios desa mesma zona que lle presentaron o programa que se desenvolverá no IFEVI de forma paralela a Vigoferia.
venres, 10 out 2003
O Padroado da Fundación Laxeiro celebra o venres unha reunión extraordinaria na que se tratará ,entre outras cuestións, o nomeamento dos patróns que representan a corporacións municipais e provinciais. A xuntanza será no Pazo de Castrelos a partir das seis da tarde.
venres, 10 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, asegura que unha sociedade é xusta e solidaria cando é capaz de tecer e implicar a distintos colectivos na busca de melloras sociais. Así o manifestuo durante a apertura do Seminario de Entidades Non Lucrativas organizado pola Asociación de Xordos de Vigo que se desenvolve no Centro Social Caixanova.
mércores, 8 out 2003
O alcalde, Ventura Pérez Mariño, inaugura na Estación Marítima a segunda edición do Salón do Anticuario que organiza a Asociación Galega de Anticuarios e que contarán coa presencia de 17 profesionais galegos.
mércores, 8 out 2003
Domingo Docampo, Rector da Universidade, recibiu esta mañá o alcalde Ventura Pérez no campus Lagoas-Marcosende para amosarlle a Cidade Universitaria e as novas dependencias do Rectorado emprazadas alí. Durante o paseo, no que estiveron acompañados en todo momento polo vicerrector de Planificación Alberto Gago Rodríguez, polo concelleiro de Patrimonio Xosé Carlos Arias e polo xerente de Cidade Universitaria Rafael Núñez, puideron contempla-las diferentes infraestructuras concibidas polo arquitecto Enric Miralles ó servicio da comunidade universitaria.
luns, 6 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, recibiu hoxe ao conselleiro de Medio Ambiente, José Manuel Fernández Barreiro, quen lle explicou de primeira mán os motivos que, segundo o departamento que dirixe, xustifican o incremento de prezos que aprobou Sogama. Pérez Mariño asegurou que ata que non chegue ao Concello a comunicación oficial desta suba non fará valoracións sobre esta cuestión.
mércores, 1 out 2003
O Alcalde de Vigo, Ventura Pérez Mariño, deu hoxe a benvida á cidade a un grupo de profesores estranxeiros que forman parte dun programa de intercambio cultural que coordina o I.E.S. Carlos Casares.
martes, 30 set 2003
Os gastos derivados dos actos que o Concello de Vigo organizou con motivo da World Fishing Exhibition ascenderon a 118.935,10 euros (19.789.137 pesetas), unha cantidade que foi integramente sufragada coas subvencións de 120.000 (20 millóns de pesetas) euros que aportaron entre Caixanova e Caixagalicia a través de sendos convenios.