O Goberno suspende os actos oficiais durante os tres días de loito
Tódolos grupos políticos da Corporación decidiron suspender durante os tres días de loito oficial tódolos actos previstos. As bandeiras do Concello ondean a media asta dende onte, e o Goberno decidiu suspender as actividades lúdicas e pechar os museos municipais durante os tres días de loito.
A Corporación Municipal continúa a facer un chamamento a tódolos cidadáns para que acudan hoxe á manifestación convocada en repulsa polos atentados ocorridos onte en Madrid. A marcha, baixo o lema, "Coas víctimas, coa Constitución, pola derrota do terrorismo", partirá ás sete da tarde da rotonda de Isaac Peral e rematará na Porta do Sol.