Escoitar

Colaboración da Deputación co Concello en obras de infraestructuras

O presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán, ven de asinar dous convenios de colaboración coa alcaldesa de Vigo, Corina Porro, e co rexedor pedáneo da Entidade Local Menor de Bembrive, Benito Pérez Rodríguez, a través dos que o organismo provincial aportará un total de 2.143.077 euros para acometer diversas obras de infraestructura, equipamentos e servicios na cidade olívica.

xoves, 25 mar 2004
1080227357diputacion.jpg
Sinatura do convenio
O documento asinado co Concello de Vigo contempla a dotación de servicios como beirarrúas, iluminación e pluviais, así como a renovación da capa de rodadura das estradas provinciais Calvario-Garrida, Beade-Carneiras e Meixueiro-Universidade. O importa das obras ascende a 1.487.264 euros.

O convenio co Concello e a Entidade Local Menor de Bembrive servirá tamén para mellorar infraestructuras que actualmente se atopan en mal estado e nas que está previsto investir 655.813. As actuacións en beirarrúas, iluminación e renovación do firme serán realizados nos tramos de Mosteiro-Mourelle e Colexio Mosteiro.
Descargar todas as imaxes