xoves, 25 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro, entregou hoxe ós grupos políticos municipais varios borradores de regulamentos que establece a Lei de Modernización do Goberno Local. Os borradores son a regulación do Pleno, do Consello Social da Cidade, da Comisión Especial de Suxerencias e Reclamacións, dos procedementos de Participación Cidadá, da división do Municipio en Distritos, da determinación dos niveis esenciais de organización municipal e do órgano para a resolución de reclamacións económico-administrativas.
O obxectivo deste organismo, no que están representadas once institucións e empresas da cidade, é promove-lo uso racional da utilización da enerxía
xoves, 25 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro, asinou hoxe cos representantes de institucións e empresas o documento de constitución da Axencia Intermunicipal da Enerxía de Vigo, un organismo que nace, entre outros, co obxectivo de promove-lo uso racional da utilización da enerxía, protexe-lo medio ambiente e reduci-lo impacto da polución a través da aplicación das novas tecnoloxías, informar e asesorar ós consumidores sobre as novas fontes enerxéticas ou apoiar a realización de auditorías medioambientais e a investigación de eficiencia enerxética.
xoves, 25 mar 2004
A alcaldesa, Corina Porro, presentou o galardón que premiará o labor das persoas e institucións homenaxeadas este ano como Vigueses Distinguidos e que se entregará no decurso do acto oficial que organiza o Concello o próximo sábado 27 de marzo no centro cultural Caixanova. O obsequio é unha mariña pintada polo artista vigués Rafael Freijeiro.
xoves, 25 mar 2004
O concelleiro de Cultura, Ignacio López Chaves, e a presidenta do Plan Comunitario do Casco Vello, María Xosé López, asinaron un convenio de colaboración para a celebración da Festa da Reconquista co obxectivo organizar unha representación teatral e actividades como obradoiros de vestiario, mercado de artesanía,danzas bretonas e tradicionais.
xoves, 25 mar 2004
O Centro de Artesanía Tradicional -CAT- que depende do departamento municipal de Patrimonio Histórico vai colaborar co Plan Comunitario do Casco Vello e coa Asociación de Comerciantes e Hosteleiros de Santiago de Vigo nos distintos actos que se van a celebrar na cidade con motivo da Reconquista.<br />
xoves, 25 mar 2004
O programa de ocio nocturno Noites Vivas arranca de novo para amenizar as veladas xuvenís con actividades para todos os gustos. Esta nova tempada contempla algunha novidade entre obradoiros e actividades deportivas, e conserva a posibilidade de utilizar as sedes como lugar de encontro e actividade libre.