Caballero louva o sector vitivinícola de Meis na presentación da V edición de Meusviños

mércores, 16 out 2024

O alcalde participou na presentación das V Xornadas de Autopromoción Vitivinícolas de Meis, Meusviños, que se celebrará os vindeiros días 18, 19 e 20 de outubro no propio concello pontevedrés. Caballero louvou ao sector vitivinícola e a propia feira, que puxo en marcha o actual goberno local e xa suma 13 adegas nesta nova convocatoria. O programa das xornadas inclúe catas, degustacións, música, maridaxes e obradoiros de cociña en directo.

O Concello programa novas sesións de bailes para maiores de 65 anos nos locais municipais de Beade e Sárdoma

mércores, 16 out 2024

Os sábados 26 de outubro e 9 de novembro os locais municipais das asociacións veciñais de Beade e Sárdoma ofrecerán, ás persoas maiores de 65 anos dúas novas sesións da actividade “Bailes en Vigo”, que forman parte do Programa de Avellentamento Activo. “O baile é unha actividade magnífica para a xente e tiñamos moita demanda que estamos a satisfacer”, afirmou o alcalde.

Abel Caballero: "En Vigo non imos quedar calados ante o que está a suceder en Gaza"

mércores, 16 out 2024

Abel Caballero asegurou hoxe aos participantes na xornada "Gaza. A catástrofe", organizada polas Ong "Hoxe por tí" e "Xuízas e xuíces pola democracia", que "en Vigo non imos quedar calados ante o que está a suceder en Gaza" porque "esta non é unha cidade que se amedrenta e que mira para outro lado. Afrontamos as cousas de fronte, como nos ensinou a nosa propia acción e a nosa historia e queremos afrontar isto e dicirlle a todo o mundo onde estamos e o que queremos mobilizar”, dixo.

As fontes de Aragón ilumínanse de rosa e azul polo "Día Internacional da Perda xestacional, neonatal e perinatal"

martes, 15 out 2024

Este martes, 15 de outubro, o Concello súmase a conmemoración do "Día Internacional da perda xestacional, neonatal e perinatal" iluminando de rosa e azul as fontes de Aragón. A iniciativa ten como obxectivo concienciar e sensibilizar á sociedade sobre a necesidade de proporcionar maior compresión e apoio tanto as mulleres como as súas parellas, familias e contorna próxima ante a perda dun bebé durante o embarazo, o período neonatal ou o primeiro ano de vida.

Vigo inicia a montaxe da gran árbore de Nadal

luns, 14 out 2024

Abel Caballero acudiu ao inicio da montaxe da árbore de Nadal e anunciou que a Porta do Sol terá un novo sistema de iluminación, con árbores de 8 metros ao redor da praza en substitución dos elementos colgantes. Elduayen contará con 5 novos grandes elementos decorativos e Marqués de Valladares estreará iluminación ecogreenlux.