Escoitar

O Concello programa novas sesións de bailes para maiores de 65 anos nos locais municipais de Beade e Sárdoma

Os sábados 26 de outubro e 9 de novembro os locais municipais das asociacións veciñais de Beade e Sárdoma ofrecerán, ás persoas maiores de 65 anos dúas novas sesións da actividade “Bailes en Vigo”, que forman parte do Programa de Avellentamento Activo. “O baile é unha actividade magnífica para a xente e tiñamos moita demanda que estamos a satisfacer”, afirmou o alcalde.

mércores, 16 out 2024

Abel Caballero explicou este mércores que o obxectivo da actividade “Bailes en Vigo”, que durante as fins de semana percorrerán os locais municipais das asociacións veciñais, é “aumentar a oferta de lecer porque é vida saudable, diversión, redución da soidade non desexada, e a capacidade das persoas de ser un pouco máis felices”.

O alcalde indicou que as dúas novas sesións en Beade e Sárdoma, tras o “éxito incontestable” da primeira celebrada o 11 de outubro en San Miguel de Oia, contarán con animación e un DJ desde as 7 da tarde ata as 10 da noite.

Neste inverno ás sesións de Oia, Beade, Sárdoma e Navia, sumaranse novas convocatorias en Navia, Candeán, Coia e Cabral.

Descargar todas as imaxes