luns, 4 nov 2024
O Concello está a disposición do 112 para o envío de máis medios se fora necesario. Esta mañá partiu cara a Puig, na Comunitat Valenciana, un dispositivo conformado por un mando, dous condutores-bombeiros e tres bombeiros cunha motobomba 4x4 e outro furgón con capacidade para 4.500 litros de auga.
luns, 4 nov 2024
A Xunta de Goberno do Concello aprobou hoxe as obras de humanización da rúa Doutor Cadaval. A vía pasará a contar cun firme novo de rodadura pulida en substitución do actual de pedra. Tamén aprobáronse 12.000 euros para eventos culturais.
xoves, 31 out 2024
"Todas as axudas de emerxencia que se presenten e xustifiquen son atendidas, se están ben xustificadas e se corresponden con necesidades reais, van ser atendidas na súa totalidade", asegurou o alcalde.
xoves, 31 out 2024
O alcalde inaugurou as exposicións dos camposantos que versan sobre a historia dos cemiterios e os barrios de Vigo e outra dedicada ás mulleres que mudaron o mundo. A nova exposición de Pereiró amosa a través de paneis con fotografías e explicacións a historia e a actividade dos oito cemiterios municipais.
xoves, 31 out 2024
O alcalde afirmou este xoves que o novo programa de actos organizado para conmemorar o 25 de novembro consolida a vocación de Vigo por ser referente e pioneiro na loita contra as violencias machistas.
xoves, 31 out 2024
O Concello trasladou á Autoridade Portuaria as alegacións ao documento de Delimitación de Espazos e Usos ofrecendo “toda a nosa cooperación” co obxectivo de que esta nova delimitación permita un novo Plan Especial do Porto que resolva problemas reordenando os seus espazos e facilitando a integración porto/cidade. Caballero subliñou que o informe municipal reclama a incorporación ao planeamento municipal dos espazos que deixaron de prestar servizos portuarios.
mércores, 30 out 2024
O alcalde presentou este mércores, xunto ao concelleiro de Cultura e o director do Marco, os catálogos das exposicións dos artistas Bosco Caride, Alfredo Caín e Laía Argüelles, que permanecen abertas no museo. “Hoxe volvédesvos eternos. Os vosos cadros sairán de aquí pero quedarán no catálogo para sempre”, afirmou Abel Caballero.
mércores, 30 out 2024
Abel Caballero comprobou hoxe o avance das obras de remodelación do paseo de Samil, que se executan cunha achega de máis de dous millóns de euros do Goberno de España e que permitirán recuperar superficie de praia. "Estamos a facer unha transformación histórica en Vigo”, afirmou.
martes, 29 out 2024
Abel Caballero entrega este martes as becas municipais a 43 deportistas de elite de Vigo para que afronten os gastos de adestramento e participación en competicións nacionais e internacionais.
martes, 29 out 2024
O alcalde asistiu á instalación da estrela xigante que culmina a árbore de Nadal instalada na Porta do Sol e que proporciona á estrutura case 10 metros de altura máis que o ano pasado.