martes, 12 nov 2024
O Concello súmase este martes 12 de novembro á conmemoración do Día Mundial contra a Pneumonía, unha xornada para concienciar sobre esta enfermidade e xerar accións globais para combatela. A pneumonía causa 2,5 millóns de mortes ao ano en todo o mundo e segue sendo a principal causa de morte infecciosa. Só en España causa máis de 100.000 hospitalizacións anuais.
luns, 11 nov 2024
O alcalde acudiu nesta xornada ao punto de vacinación no IFEVI para protexerse fronte á gripe e á covid. Caballero animou a seguir as recomendacións das autoridades sanitarias e louvou os avances para a saúde: "As vacinas son o avance científico ao servizo da cidadanía".
luns, 11 nov 2024
A fachada principal do Concello mostra desde hoxe a pancarta xigante co mensaxe central do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres: “25N Non máis violencia por ser muller”. A despregadura da lona contou coa presenza do alcalde e da concelleira de Igualdade, Ana Laura Iglesias, así como das compoñentes do Consello Municipal da Muller. Durante todo o mes de novembro o Concello desenvolve un extenso calendario de actividades culturais e de reflexión, que concluirá o día 3 de decembro. "Realizamos unha gran mobilización cultural contra as violencias machistas", afirmou Abel Caballero.
luns, 11 nov 2024
O alcalde presentou este luns o programa especial de actividades organizadas a próxima fin de semana para conmemorar os 22 anos da creación e actividade cultural do Marco.
venres, 8 nov 2024
A Xunta de Goberno aprobou este venres a adxudicación do contrato do servizo de mantemento das instalacións electromecánicas e de iluminación viaria pública. Vixente ata outubro de 2027, o investimento municipal ascende a preto de dez millóns de euros.
venres, 8 nov 2024
Abel Caballero destacou este venres que o “importante nivel de operatividade” do aeroporto de Vigo constátase cos datos de ocupación de voos rexistrados en outubro, que superou o 77 por cento, “que é altísimo”. Avanzou que o día do anuncio do acendido das luces do Nadal duplicáronse as reservas hoteleiras na cidade.
mércores, 6 nov 2024
Abel Caballero presentou este mércores a primeira edición do encontro “Vigo Arte Contemporánea”, VARCO, que se celebrará do 12 ao 15 de decembro no Auditorio Mar de Vigo coa participación de 30 artistas tanto noveles como cunha traxectoria consolidada.
mércores, 6 nov 2024
“A linguaxe das cousas mudas” da artista Susanne Themlitz é unha mostra de ámbito mundial que transcende a Vigo e a toda España ata situarse nun nivel extraordinariamente amplo”, explicou hoxe o alcalde ao presentar esta nova cita cultural. A exposición permanecerá aberta no Museo Marco desde o vindeiro venres 8 de novembro ata o 13 de abril de 2025.
martes, 5 nov 2024
Abel Caballero presentou hoxe o prototipo do vehículo colaborativo conectado que xa circula pola cidade copiando información e facendo ensaios co obxectivo de realizar o mércores 13 de novembro unha demostración sobre as posibilidades que ofrece a nova tecnoloxía para a condución. Trátase de estender a todos os coches da cidade os avances que xa utilizan as unidades da Policía Local e de bombeiros.
luns, 4 nov 2024
O Concello apoia a campaña para dar visibilidade, e solidarizarse, cos afectados co Síndrome de Dor Rexional Complexo, iluminando hoxe de cor laranxa as fontes da rúa Aragón.