Caballero aborda coa Ministra de Política Territorial a situación da Administración Local

mércores, 26 xan 2022

O presidente da FEMP e Isabel Rodríguez mantiveron unha reunión de traballo este mércores para avanzar en cuestións relacionadas coa Administración Local e o seu papel no marco da cogobernanza. Caballero sinalou que esa "cogobernanza, que se traduce na presenza da FEMP nas diferentes conferencias sectoriais, é o reflexo práctico dunha nova situación o que comporta unha actualización, unha adecuación, do papel das Entidades Locais”. No encontro, ao que asistiron tamén o Secretario Xeral da FEMP, Carlos Daniel Casares, e o Secretario de Estado de Política Territorial, Alfredo González, tratouse o desenvolvemento do Estatuto Básico dos Municipios de Menor Poboación que “garantirá a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía, viva onde viva”.

Abel Caballero: “Todos os concellos de España van ter oficinas municipais de Xustiza, con independencia da súa poboación”

mércores, 26 xan 2022

O alcalde e presidente da FEMP, tras a reunión mantida coa ministra de Xustiza este mércores, explicou que “se trata dunha ampliación das prestacións dos servizos e das formas de atender aos cidadáns”. Pilar Llop subliñou a importancia dos concellos na implantación do novo modelo organizativo. "A nova lei preserva o desenvolvemento xudicial de Vigo, abandonando para sempre a teoría dos gobernos do PP de eliminar os xulgados nas non capitais de provincia. Vigo é unha singularidade porque ten un partido xudicial moi importante e seguirá avanzando con normalidade dentro da nova lei", dixo Caballero en clave local.

O rexedor recibe ao novo cónsul de Arxentina en España

martes, 18 xan 2022

O encontro celebrado no Concello este martes serviu como presentación oficial do novo cónsul xeral de Arxentina en Vigo, Horacio Martín Doval, quen lle explicou ao alcalde como se están desenvolvendo os primeiros pasos da súa chegada a Vigo e cales son as tarefas máis importantes que quere acometer desde a nova responsabilidade que vén de asumir.