Escoitar

O Goberno local aproba novas obras de renovación do firme en 21 rúas

A Xunta de Goberno do Concello aprobou este venres a execución das obras de asfaltado en 6 parroquias da cidade por valor de 877.298 euros.

venres, 15 mai 2026

O alcalde explicou que a pavimentación mellorará vías das parroquias de Matamá, Castrelos, Sárdoma (Salgueira), Valadares, Beade e Bembrive. 

Estas obras súmanse ás anunciadas a principios de ano noutras 57 rúas de Teis, Lavadores, Candeán, Cabral, lavadores, Valadares, Zamáns, Matamá, San Xoán e Alcabre, cun investimento de 3,5 millóns de euros.

O goberno local realizará traballos de asfaltado en 372 rúas. En Matamá actuarase en 14 rúas; en Beade en 21; en Lavadores en 37; en Castrelos en 17; en Cabral en 34; en Bembrive en 11; 82 no centro; 31 en Teis; 28 en Valadares; 5 en Sampaio; 7 en Comesaña; 16 en Coruxo; 4 en Zamáns; 7 en Sárdoma; 11 en Oia; 4 en Navia; 2 na Salgueira; 12 en Alcabre; 15 en Candeán e 7 en Saiáns.

Novas Obras

  • Rúa Chabarras
  • Camiño Costa da Rúa
  • Camiño Monte
  • Camiño Norberto
  • Camiño Romeo
  • Camiño Sumata
  • Estrada Venda
  • Camiño Camiño Cemieiras
  • Camiño Centieira
  • Camiño Monte da Serra
  • Camiño Camposancos
  • Camiño Carapucha
  • Camiño Vello A Moo
  • Camiño Vilar
  • Camiño Canotais
  • Camiño Igrexa
  • Ramal Igrexa
  • Estrada Portal
  • Estrada Souto
  • Estrada Valadares
  • Segunda travesía da Salgueira
Descargar todas as imaxes