Concello de Vigo Vigo org
Xornalxornal.vigo.org
  


Noticias da semana

Suscribirse


 
xoves, 15 de marzo de 2012

Imprimir | Enviar | | Compartir:  


Educación abre o prazo de convocatoria para a adxudicación de prazas e matrícula nas escolas infantís municipais

A Xunta de Goberno Local en sesión do 02 de marzo de 2012, aprobou as Normas para a adxudicación de prazas nas escolas infantís municipais 0-3 (EIM) para o curso 2012/2013.O período de entrega de solicitudes de renovación ou de novo ingreso para acceder ás escolas infantís municipais comenza o 15 de marzo ata o 13 de abril de 2012.




Folleto


Matrícula


Normas


Estas escolas infantís son centros de titularidade municipal, xestinados por empresas concesionarias, que escolarizan a nenos e nenas de 0 a 3 anos empadroados no termo municipal, e que promove o Servizo Municipal de Educación do Concello de Vigo.

Neste intre a Rede de EIM está integrada por seis equipamentos que poden escolarizar aprox. un total de preto de 450 nenos/as para o vindeiro curso 2012-2013.

Estos equipamentos municipais pretenden ofrecer aos/ás cidadáns un servizo educativo para a primeira infancia desde unha dobre vertente:
- educativa, entendida como unha prestación que nace do dereito do/a neno/a á educación nun ambiente axeitado ás súas necesidades. Esta función educativa é complementaria á educación recibida no seo do propio ambiente familiar.
- asistencial, xa que ao mesmo tempo pretende ofrecer un servizo de carácter social ás familias traballadoras do municipio, mediante horarios que permitan a correcta conciliación da vida familiar e laboral.

Son obxectivos específicos da EIM:
- proporcionar ás/os nenas/os unha atención integral sen distinción de raza, nacionalidade, sexo, relixión, lingua ou condición social
- fomentar a educación baseada nos principios e valores de tolerancia, solidariedade, igualdade, coeducación, cooperación e respecto aos demais e ao contorno
- facilitar a integración progresiva dos/as nenos/as na súa cultura e no seu medio
- prestar especial atención á diversidade dos/as nenos/as, respetanto as diferenzas físicas, intelectuais ou culturais que existen entre eles/as facilitando a súa integración
- servir de reforzo e apoio ás familias traballadoras da cidade co fin de colaborar na conciliación da vida laboral e familiar.

Os requisitos específicos para ser adxudicatario/a de praza nas EIM son os seguintes:
- que a/o nena/o teña a súa residencia en Vigo e teña nacido no momento de presentar a solicitude
- ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso e non ter cumpridos 3 anos o 31 de decembro de 2012

As escolas teñen un horario contínuo de 07'30 h. ás 20'00 horas. E ao longo do mesmo, os/as nenos/as permanecerán un mínimo de 4 horas. e un máximo de 8 horas.

As/os interesadas/os poderán solicitar praza a través do formulario normalizado de solicitude que poder ser recollido no Servizo Municipal de Educación, nas propias EIM ou ser descargado na páxina web municipal: www.vigo.org
Mais noticias
O goberno local denunciará os convenios "lesivos" para Vigo e serán redactados de novo atendendo ao interese xeral
Un informe de Intervención revela que Vigo non ten débedas recoñecidas de pago pendentes
O Concello ofrecerá información e asesoramento legal aos afectados polas preferentes
A demanda do Centro de emprego municipal creceu nun 39% no que vai de ano
Caballero salienta a "importancia" da información nas institucións públicas e privadas
Exposición "O traxe a través do proceso do pan"
Peche provisional da Biblioteca Central os días 17 e 19 de marzo
Caballero felicitou a cinco deportistas de Vigo polo seu magnífico papel nos Campionatos de España de judo e taekwondo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo
O Concello organiza un certame de regueifas no Centro cultural de Valadares
Conferencia da escritora Mª Xosé Queizán
Xunta de Goberno Local


Volver á portada

© Gabinete de Prensa - Concello de Vigo 2003