A demanda do Centro de emprego municipal creceu nun 39% no que vai de ano

Os usuarios do Centro de emprego municipal, constituído para centralizar todas as actividades de orientación laboral e titoría de microempresas, recibiu no que vai de ano 600 peticións, o que supón case o 40% das que se recibiron nos servizos municipais en todo o ano pasado.

xoves, 15 mar 2012
1331816081emprego.jpg
O Centro de emprego municipal atendeu no que vai de ano a unhas 600 persoas, o que supón un incremento "moi significativo", dun 39%, respecto do ano pasado, no que o servizo de orientación do Concello recibiu a consulta de 1.502 persoas. O alcalde, que esta mañá de xoves visitou este organismo -en marcha desde hai un mes-, explicou que o obxectivo" é centralizar todas as actividades de orientación laboral e titoría de microempresas, para o fomento e potenciación do emprego".

Neste centro, apuntou, traballan 15 persoas e realizan sesións de orientación laboral no propio Concello ou en colaboración con outras institucións. O centro traballa a "pleno rendemento" e, exemplificou, esta mañá había unha reunión de programación e un curso a través de internet para mulleres desempregadas e con dificultades de inserción laboral.
Descargar todas as imaxes