Un informe de Intervención revela que Vigo non ten débedas recoñecidas de pago pendentes

Un informe de Intervención do Concello de Vigo revela que non hai débedas recoñecidas de pago a día de hoxe, polo que non é preciso facer axuste algún segundo indica o Real Decreto 7/2012 de 9 de marzo. Así o explicou esta mañá en rolda de prensa o rexedor, xusto o día que remata o prazo para a presentación da certificación de obrigas pendentes de pago no Ministerio de Facenda.

xoves, 15 mar 2012
1331816870caballero.JPG
O máximo mandatario municipal avanzou hoxe xoves o contido do informe de Intervención que determina que o Concello non ten ningunha factura impagada das comtempladas no Real Decreto 7/2012 de 9 de marzo. No día que remata o prazo para a presentación da certificación de obrigas pendentes de pago no Ministerio de Facenda, Caballero fixo público un informe que avala que "Vigo é un bo pagador, ten liquidez e a súa economía saneada".

Segundo explicou, o documento rubricado polo Interventor Municipal determina que o período medio de pago pasou de 51 días en 2006 a 32,42 días en 2011, mentres que a débeda orzamentaria por habitante pasou de 90,49 en 2006, a 76,04 no 2011, "é dicir, case a dividimos por dous". Referiuse a estes datos como "un informe que non é opinable" e rematou cualificando as conclusións do documento de "moi boa noticia, que di moito da seriedade desta cidade. Esta mañá nas radios e televisións aparecían poucos concellos sen dábedas, e Vigo estaba entre eles", concluíu.
Descargar todas as imaxes