O primeiro edil destaca "a capacidade de Vigo para asumir proxectos de innovación" ante a Embaixada de EEUU

Abel Caballero aproveitou hoxe mércores a visita do conselleiro para asuntos económicos da Embaixada de Estados Unidos, Stephen Liston, para poñer en valor "a capacidade de innovación do territorio de Vigo, de asumir inversións e proxectos transnacionais". Destacou a predisposición de cidade para desenvolver "proxectos de innovación e investimentos á hora de saír da crise".

mércores, 14 mar 2012
1331730115Embajador.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, destacou "capacidade de innovación do territorio de Vigo" durante un encontro que mantivo esta mañá co conselleiro para asuntos económicos da Embaixada de Estados Unidos, Stephen Liston. Ao longo da reunión, durante a que a avaliaron a situación económica que estamos a atravesar, o rexedor puxo en valor a forza da cidade para "asumir inversións e proxectos transacionais".

Tal e como explicou en rolda de prensa, o rexedor explicoulle ao diplomático estadounidense que, "seguramente hai poucos lugares nos que nestes momentos estea aterrando capital chino", ao tempo que aludiu as posicións multinacionais que ocupa a industria da automoción ou as tecnoloxías da industria naval. Concluíu subliñando a predisposición de cidade para "asumir proxectos de innovación e investimentos á hora de saír da crise".
Descargar todas as imaxes