O alcalde "anima" a outras administracións a actuar con políticas keynesianas para activar a construción
O rexedor de Vigo, Abel Caballero, fixo esta mañá un "chamamento outras administracións e gobernos a actuar políticas keynesianas" -seguindo o modelo de Vigo-, para activar a construción, "porque é o sector que máis reacciona para xerar emprego". Así o indicou durante a presentación da cuarta edición do Salón da Construción que se organizará no Ifevi entre os próximos 22 e 25 de marzo.
As empresas máis destacadas da construción daranse cita no Ifevi entre o 22 e o 25 de marzo na que será a cuarta edición deste certame na cidade, que "aspira a converterse nun dos principias salóns sectoriais de España". O rexedor felicitou aos participantes durante a presentación da feira porque "nos momentos actuais é onde se ve a verdadeira capacidade empresarial, de facer economía e de facer país". Caballero explicou que en Vigo "permanecemos cando as cousas non van ben", en alusión a crise económica que estamos a atravesar.
Durante a súa intervención, puxo en valor a "nada deseñable" actividade urbanística da cidade, xa que en dous meses outorgáronse máis de 200 licenzas -158 de obras e 65 de actividade-. "De seguir a este ritmo, a finais de ano estaríamos por riba das 1.200, con algúns centenares de millóns de euros de investimento", destacou. Continuando coas políticas desenvolvidas desde o Concello, referiuse ás políticas keynesianas de emprego, que apostan pola construción porque "é o xerador de emprego por excelencia". Explicou que apoiar á este sector é a acción máis positiva que se pode facer polo emprego porque "é unha actividade produtiva e, polo tanto, xeradora de competitividade e capacidade".
Este salón -proseguiu- pode e debe significar unha reactivación do sector coa importancia que ten na economía. "Fago un chamamento a outras administracións e gobernos de toda España a actuar con políticas keynesianas", activando a construción, "porque é o sector que máis reacciona para xerar emprego, o que ten máis paro e o que ten máis dificultade de empregabilidade". Rematou a súa intervención felicitando a organizadores e participantes.
Descargar todas as imaxes