Escoitar

Presentacion do "Nómades", oito historias de desarraigo en feminino (Novela gráfica)

O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo acolle a presentación do libro "Nómades" , de Xosé Tomás o mércores, 14 de marzo ás 19:30 horas. Interveñen Xosé Tomás, autor e Francisco Castro, editor infantil e xuvenil ed. Galaxia

martes, 13 mar 2012
1331638382nomades.jpg
Detrás de cada un dos nomes que configuran 'Nómades' agóchase a reconstrución de pequenos universos persoais marcados polo desarraigo, o rexeitamento, a indefensión e a loita. Diferentes caras dun fenómeno poliédrico como é a emigración en clave feminina, que lle serviu ao debuxante Xosé Tomás para fiar unha historia coral.

Tomás optou por converter só ás mulleres en protagonistas da súa obra porque, a miúdo, o seu xénero pode constituír un "lastre neste contexto". "En ocasións, sobre elas recae o peso de conseguir un traballo para alimentar á familia que deixan no seu país de orixe, e de no conseguilo as consecuencias son a depresión ou la deshonra", asegura.


O Centro de Documentación e Recursos Feministas de Vigo, dependente da Concellería de Igualdade, é un servizo de xestión de informació, documentación e materias de traballo sobre muller, xénero e igualdade dirixido ao público en xeral ou persoal especializado e interesado nas citadas temáticas. Está ubicado na Biblioteca Pública Central r/ Joaquín Yáñez 6,2º andar.
Descargar todas as imaxes

Máis información