Escoitar

O Concello promocionará en España a marca "Mar de Vigo" coa imaxe da noite da cidade

"Unha noite de Vigo" é o lema co que o Concello promocionará "dun xeito diferente, con imaxes determinantes e expresivas" a marca Mar de Vigo por toda España. A primeira destas citas será o próximo día 22 en Madrid cando a sala Joy Eslava acolla unha noite con gastronomía e música de Vigo. Trátase, explicou o rexedor hoxe venres durante a rolda de presentación, de trasladar "por toda España o que Vigo é capaz de facer".

venres, 10 feb 2012
1328879491vigoenmadrid.jpg
O Concello de Vigo promocionará a marca Mar de Vigo "dunha forma diferente", trasladando por toda España imaxes "determinantes e expresivas" do que Vigo é capaz de facer. Deste xeito cualificou hoxe venres o alcalde a campaña de turismo que traslada a noite viguesa a distintas cidades españolas a través da música, das imaxes e, como non, da gastronomía. "Isto é só o inicio de toda unha saga que se irá coñecendo por todo o país. Nós xa sabemos o que somos e queremos que o resto tamén o saiba", apuntou.

A primeira destas citas terá lugar en Madrid, o próximo día 22, cando "os cidadáns de Madrid terán o privilexio de vivir unha noite de Vigo". Esta xornada estará dividida en dúas partes: a primeira, que comezará ás 19,30 horas, estará dirixida aos 300 profesionais (prensa, sector turístico ou embaixadores da cidade) que coñecerán a idea de Mar de Vigo a través de imaxes, música e gastronomía.

Máis tarde, sobre las 21,30 horas, unhas 600 persoas invitadas a través das redes sociais disfrutarán das actuacións dos artistas vigueses: Iván Ferreiro, Eladio y los Seres Queridos, Silvia Superestar y los Fabulosos, Nicolás Pastoriza, Pablo Novoa, The Blows, e Fran Rodríguez como condutor do evento. Ademais, e como actividades complementarias, os asistentes poderán achegarse a unha mostra do arte urbano de Nano 4814, á moda do deseñador Jandro Villa e aos traballos dos expertos audivisuais Zinqin Visuals. Tamén haberá un kit de sorpresas made in Vigo. Todos eles serán os encargados de trasladar aos asistentes ao corazón das noites de Vigo.

Descargar todas as imaxes