Entroido en Vigozoo
Vigozoo desenvolverá os días 21, 22, 23 e 24 de febreiro o programa "Entroido en Vigozoo" para todos aqueles visitantes que acudan disfrazados independentemente da súa idade. Para levar a cabo dito programa, Vigozoo preparou actividades enfocadas para os máis pequenos na que os maiores tamén poden disfrutar e participar.
As persoas participantes ao chegar o lugar das actividades serán fotografados (os menores de idade co consentimento do seu titor/a); as imaxes pasarán a formar parte do fondo fotográfico de Vigozoo; pudendo ser publicadas con posterioridade na propia páxina web corporativa e/ou enviadas aos medios de comunicación.
As actividades nesta ocasión consistirán nun ciclo de cine documental infantil e no Naturolab, co seguinte horario:
11:00 Réptiles: As serpes.
11:30 Naturolab.
12:00 Aves: Os pingüíns.
12:30 Naturolab.
13:00 Mamíferos: Os Elefantes.
13:30 Naturolab.
16:00 Mamíferos: Os lobos.
16:30 Naturolab.
17:00 Insectos: As abellas.
17:30 Naturolab.
18:00 Mamíferos: Os Golfiños.
18:30 Naturolab.
NORMAS
Os participantes que visiten o parque zoolóxico disfrazados completamente entrarán de balde, os días 21, 22, 23 e 24 de febreiro, durante todo o horario de apertura do parque.
Para acceder gratuitamente o disfrace deberá ser completo, polo que non se terán en conta os que acudan unicamente cunha máscara ou disfrazados de forma parcial.
No momento da entrada deberán cubrir unha ficha de inscrición que incluirá o seu nome e D.N.I. aceptando as bases da promoción.
As fotografías poderán ser expostas nas instalacións de Vigozoo nas datas posteriores á celebración deste evento.
Os participantes da promoción poderán solicitar unha copia dixital das fotografías á seguinte dirección de correo electrónico: educación.vigozoo@vigo.org.
Os participantes, do mesmo xeito que o resto do público visitante, poderán participar nas actividades que se desenvolverán nesas datas e que consistirán nun ciclo de cine documental infantil e no obradoiro Naturolab, situado actualmente na entrada do salón de actos (na antiga situación do planetario).
Máis información en www.vigozoo.com
Descargar todas as imaxes