Escoitar

O Camiña e Coñece fará este domingo un percorrido circular pola parroquia de Zamáns

O vindeiro domingo desenvolverase unha nova edición do programa "Camiña e Coñece". Nesta ocasión farase un roteiro circular por Zamáns, segundo explicaron hoxe os concelleiros de Cultura, Xesus López, e Deportes, Xabier Alonso. A saída será ás 11:00 horas do campo de feira de Zamáns, a carón da igrexa parroquial, para facer un percorrido de máis de catro kilómetros.

mércores, 18 feb 2009
1234967137cami.jpg
O concelleiro de Deportes explicou que a ruta contará coas explicacións dun experto que prestará especial atención as moitas especies de aves que se poden ver no contorno do encoro. Xabier Alonso detallou que se seguirá o curso do ría Vilaza, para ver o bosque de ribeira e os muiños de auga restaurados, ata chegar o encoro. Percorrerarse o perímetro do encoro para voltar ao punto de saída.

O concelleiro de Cultura salientou o éxito das edición precedentes do "Camiña e Coñece", que teñen reunido unha media de 600 participantes. Xesus López fixo fincapé no feito de que esta iniciativa permite dobre obxectivo de facer deporte e dar a coñecer algúns dos lugares máis ricos do patrimonio natural e cultural da cidade.

Xabier Alonso quixo tamén sinalar a colaboración da Asociación de Veciños e da Comunidade de Montes de Zamáns para definir o percorrido. O nacionalistas tamén animou aos vigueses e viguesas a participar e recomendou aos interesados que leven prismáticos, xa que unha das peculiaridades deste percorrido é a riqueza de aves que se poden atopar no encoro.
Descargar todas as imaxes