Escoitar

O alcalde plantexará a Educación que reforme todos os centros públicos de ensino de Vigo

Abel Caballero solicitará á Consellería de Educación da Xunta de Galicia a sinatura dun convenio para a reparación de todos os centros públicos de ensino nos próximos "dous ou tres anos". O Concello está a realizar un estudo das deficiencias e necesidades dos 55 centros públicos, resultados que avanzou hoxe mércores ao delegado provincial da Consellería.

mércores, 18 feb 2009
1234965557delegado.jpg
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, e a edil de Educación, Laura L. Atrio, se entrevistaron este mércores co delegado provincial da Consellería de Educación da Xunta de Galicia, José Armando Cristobal Fernández, para estudar o estado das infraestruturas educativas dos colexios públicaso de Vigo.

O rexedor avanzou ao delegado os resultados dun estudo que está a elaborar o Concello sobre as necesidades e deficiencias dos centros públicos da cidade. Dos 55 a analizar, o alcalde xa ten o estado dos 30 colexios con máis necesidades, e cando se remate o traballo se fará entrega do mesmo directamente á conselleira de Educación. Será nesa reunión na que o mandatario vigués plantexe o estudo e sinatura do convenio para a reforma das infraestruturas educativas públicas.

Abel Caballero explicou que os centros educativos contan cunha "idade moi avanzada", algúns destes teñen 40 anos e se erixiron con "poucos recursos", o que implica a necesidade de realizar obras "de envergadura".

O alcalde non detallou a estimación do custo que suporá esta reforma aínda que avanzou que é unha cifra "moi elevada, de varios millóns de euros". Así, e como exemplo, citou a necesidade de novos centros para o CEIP Altamar -que se está a buscar, segundo afirmou Abel Caballero- e o Virxe do Rocío.
Descargar todas as imaxes