A web da Reconquista de Vigo recibe cerca de 3.000 visitas no seu mes de existencia
A páxina web dos actos programados para conmemorar o bicentenario da Reconquista de Vigo, www.reconquistadevigo.com, recibiu cerca de 3.000 visitas, con máis de 20.000 páxina visionadas, no seu mes de existencia. A web permite coñecer os principais acontecementos destes históricos feitos e achegarse aos persoeiros que fixeron posible o levantamento contra as tropas napoleónicas.<br />
A web da Reconquista, dispoñible en catro idiomas: galego, castelán, inglés e francés, está a permitir coñecer este gran acontecemento en todo o mundo. Así, a páxina rexistrou a visita de persoas de varios países de Europa e América coma Gran Bretaña, Francia, Alemania, Arxentina ou Brasil.
A páxina web é tamén o vehículo indicado para as inscrición no "I Congreso sobre a Reconquista de Vigo: 1809-2009" que se celebrará os días 12 e 13 de marzo, próximos, e na que xa se apuntaron o trinta por cento do seu aforo total, previsto para 80 persoas. Neste congreso participarán expertos europeos no período no que tivo lugar a revolta popular, entre os que destaca o descendente de Napoleón, Charles Bonaparte.
Web dinámica
Os contidos da web son diversos e comezan cun resumo histórico dos feitos acontecidos en Vigo no ano 1809. Ademais, poden consultarse documentos históricos e pezas que estarán presentes na gran exposición "Reconquista: 1809-2009" que se poderá visitar do 6 ao 30 de marzo, no Pazo Museo Quiñones de León.
Asemade, a web adianta algúns contidos das actividades previstas, como "A Reconquista na rúa", que achegará a festa aos barrios de Vigo, a través de representacións dramáticas feitas por grupos de recreacións históricas.
Na sección de "axenda" pódense coñecer os eventos inmediatos, o seu emprazamento e calendario. A área de "Multimedia" permite ver fotografías e carteis de edicións anteriores da festa no Casco Vello, mentres que na sección de "Novas" irán aparecendo as diferentes informacións que vai xerando o evento.
Visitas guiadas con persoeiros época
A exposición sobre a Reconquista de Vigo xa recibiu varias ducias de solicitudes de centros escolares de Vigo e a súa comarca para achegarse a mesma. Na web, tanto os colexios, como os colectivos que o desexen poden concertar a visita a través da páxina web www.reconquistadevigo.com, dentro do apartado "exposición", enchendo a ficha deseñada ao efecto e enviándoa a través da propia páxina web. A organización da exposición contactará posteriormente cos centros para fixar a visita de cada grupo.
Para facer máis atractiva a exposición para os estudantes, as visitas serán guiadas por un personaxe moi especial que, caracterizado como na época da Reconquista, presentará aos rapaces e rapazas os elementos da mostra, repasando os acontecementos dun dos momentos decisivos na historia de Vigo.
Ademais, os escolares de Educación Secundaria Obrigatoria van achegarse á Reconquista a través dunha unidade didáctica, que recolle a historia deste acontecemento do que se cumprirán dous séculos o vindeiro 28 de marzo. Esta unidades didáctica sitúa aos estudantes no contexto histórico europeo de 1809, caracterizado pola figura de Napoleón, e trasládase logo ao local, presentando aos personaxes que interviñeron na Reconquista e a evolución dos feitos ata a liberación da vila da ocupación francesa.
Descargar todas as imaxes