Escoitar

A Xunta de Goberno aproba a contratación das humanizacións da alameda de Beade e de Val Miñor

Abel Caballero anunciou hoxe luns a segunda contratación aprobada do Fondo Estatal de Inversión Local, a humanización da rúa Val Miñor, en Balaídos. "Somos os primeiros en toda España en adxudicar obras do Plan Zapatero", salientou o alcalde, quen tamén avanzou a adxudicación das obras para a mellora da Alameda de Beade, que se alongarán 4 meses.

luns, 16 feb 2009
1234792551zonarecreativaalamedadebeade.jpg
Plano da zona recreativa da alameda de Beade
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, anunciou hoxe luns que a Xunta de Goberno Local aprobou a contratación das humanizacións da rúa Val Miñor, en Balaídos, e da nova Alameda de Beade.

A rúa Val Miñor representa a segunda adxudicación dunha obra procedente do Fondo Estatal de Inversión Local e conta cun orzamento de 250.000 euros e un prazo estimado de execución de 2 meses. A obra se executará en paralelo á humanización da Avenida de Castrelos, ás que se engadirán as de Portanet e a Avenida de Balaídos, a iniciar "inmediatamente". En total suman xa 500.000 euros contratados dos 52,2 millóns que Vigo recibe do Plan E, e Abel Caballero salientou que en Vigo "somos os primeiros en toda España en adxudicar obras do Plan Zapatero".

A nova Alameda de Beade estará en obras uns 4 meses, indicou o rexedor, e conta cun orzamento de 330.000 euros. A mellora contempla a renovación de toda a rede de servicios, a renovación do pavimento en granito, máis arbolado e zonas verdes, novo alumeado e mobiliario urbano e a mellora do firme na actual explanada.

Ademáis, segundo explicou o alcalde, se acometerá a construción dunha pista polideportiva, un área infantil con xogos e zonas de descanso arboradas, un área biosaudable e un merendero. Abel Caballero enfatizou este proxecto pois representa "o corazón do que queremos facer na cidade de Vigo"; melloras nas parroquias porque "todo o mundo é exactamente igual viva onde viva".
Descargar todas as imaxes