Emprego solicita á Xunta unha subvención para formar a 200 desempregados durante un ano
O programa "Vigo Emprega", incluído no Plan Municipal de Emprego 2008-2011, daría comezo en abril cun orzamento de 436.000 euros, dos que a Concellería de Promoción Económica e Emprego solicita o 88% á Xunta de Galicia para a súa cofinanciación. O proxecto fomenta o uso das novas tecnoloxías e prevé a inserción laboral dunhas 70 persoas.
A Concellería de Promoción Económica e Emprego que dirixe Santos Héctor ven de solicitar á Xunta de Galicia unha subvención para desenvolver o programa "Vigo Emprega", que formará desde abril a 200 desempregados durante un ano.
Así o aprobou onte luns a Xunta de Goberno Local en sesión ordinaria, un acordo polo que Emprego solicita a subvención do 88% dos 436.000 euros de orzamento total previsto para o programa, mentres que o 12% restante correría a cargo dos orzamentos municipais de 2009 e 2010.
"Vigo Emprega", inmerso no Plan Municipal de Emprego 2008-2011, prevé a inserción final dunhas 70 personas, o 35% dos participantes, mediante o fomento das novas tecnoloxías como base de novos servizos de apoio.
Os obxectivos do programa da Concellería de Santos Héctor pasan por promover a inserción laboral dos beneficiari@s -preferentemente perceptores de prestacións-, potenciando e reforzando a súa iniciativa tendente á formación, fomentando a súa motivación hacia unha cualificación con expectativas de emprego, ofrecéndolles apoio e acompañamento na búsqueda de emprego.
Ademáis, o Vigo Emprega pretende realizar accións de reorientación profesional dirixidas a aqueles usuari@s que teñan dificultades de inserción por ser ocupacións onde non haxa espectativas de crecemento do emprego; e fomentar a participación dos colectivos en risco de exclusión en accións de orientación, información, formación, etc.
O Plan procura asemade dotar aos usuari@s das estratexias, habilidades e destrezas necesarias para unha boa búsqueda activa de emprego, a través das distintas accións do proxecto e incrementando a súa autonomía e motivación; adoptar mecanismos axeitados ás necesidades persoais que permitan salvar obstáculos que dificultan a inserción laboral; e promover e organizar cursos con compromiso de contratación nas empresas e realización de prácticas laborais.
Descargar todas as imaxes