Escoitar

O servizo de atención primaria de Benestar incrementou nun 22% o número de intervencións

O servizo de atención primeria da Concellería de Benestar Social realizou o ano pasado 33.095 intervencións, cifra que representa un 22% máis en relación a 2007, segundo afirmou hoxe a concelleira María Méndez na presentación do balance do servizo. A concelleira sinalou que este incremento debeuse especialmente ás medidas que se implantaron para mellorar o servizo e que se concretaron no incremento da plantilla.

xoves, 19 feb 2009
1235050922atencionprimaria.jpg
O servizo de atención primaria é, segundo explicou a concelleira, "a porta de entrada" das persoas que queren acceder aos servizos sociais do Concello. María Méndez salientou o importante papel que desenvolven as 11 unidades de traballo social nas que se reparte o servizo, xa que son as que se encargan de ofrecer información, tramitar as diferentes prestacións ás que poden ter dereito, avaliar a problemática de cada usuario e xestionar as axudas ás que poden ter dereito.

Fixo fincapé en que o ano pasado para facer fronte á implantación da Lei de Dependencia incorporáronse nove persoas só para atender esta cuestión. A concelleira dixo que ao longo do ano tramitáronse 2.333 expedientes de valoración da dependencia.

María Méndez avaliou o incremento que se tiña xerado nas solicitudes de información, que medrou nun 54%, e nos programas de avellentamente activo, ata un 84,4%. Tamén sinalou que ao longo do ano tramitáronse 1.124 expedientes da Risga. A preguntas dos xornalistas explicou, que polo momento non se ten detectado un incremento importante no número de solicitudes como consecuencia da crise, xa que explicou que as persoas que perden o seu traballo primeiro esgotan o paro e o subsidio de desemprego antes de recurrir aos servizos sociais, pero pensa que este ano é cando xa se vai a nota un incremento significativo.

A concelleira anunciou que unha das medidas que se vai implementar para seguir mellorando o servizo é un novo sistema de cita previa, xa que se ten constatado que o 27% das persoas non acuden unha vez que son citadas. A este respecto dixo que neste momento a espera é de 15 días e que o obxectivo é reducir este tempo e para iso xa se contempla a incorporación de 7 persoas máis ao servizo.

María Méndez quere que os servizos socias do Concello "sigan medrando para ofertar máis calidade de vida e benestar aos cidadáns e ás cidadás de Vigo.". A nacionalista dixo que "nós, a diferenza do que din outras, queremos seguir dando máis servizos, non pechalos".
Descargar todas as imaxes