O alcalde propón ao Ministro de Educación de Namibia encontros bilaterais entre investigadores
Abel Caballero ofreceu este xoves unha recepción ao Ministro de Educación namibio, Nangolo Mbumba, como parte do seu percorrido institucional por Galicia. Alcalde e Ministro conversaron sobre os vínculos que unen Vigo con Namibia, princialmente a pesca, e abriu as portas á organización de encontros entre investigadores vigueses e de Namibia.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, recibiu este xoves no Concello ao ministro de Educación de Namibia, Nangolo Mbumba, unha recepción oficial no que ambos mandatarios poideron conversar sobre os vínculos que unen Vigo e o país namibio, fundamentalmente a pesca.
Abel Caballero transimitu ao ministro a proposta de organizar encontros bilaterais entre investigadores nos que os profesionais da Universidade de Vigo poidan compartir aos namibios os seus coñecementos no ámbito da pesca.
O alcalde explicou que, en acuicultura, o apoio da administración galega permitiu o inicio dunha fábrica de penso destinada a garantir a soberanía alimentaria da produción acuícola do Centro de Acuicultura Continental; ademais ca cooperación en materia formativa da Consellería de Pesca co Instituto Náutico Pesqueiro de Walbis Bai (Namfi)
Asemade, afirmou o rexedor, o pasado mes de novembro se puxo en marcha un taller de traballo dos alumnos do Instituto Náutico-Pesqueiro de Walbis Bay (Namfi) coas empresas galegas afincadas no país africano. Namibia, por outra banda, asinou un acordo coa Consellería de Pesca en outubro de 2006 para a realización de campañas de promoción dos produtos do mar.
Percorrido institucional
Mbumba visitou hoxe Vigo como parte do percorrido institucional que está a realizar esta semana por Galicia, onde o ministro o pasado martes polo reitor da USC, Senén Varro, e polo vicerreitor de Relacións Institucionais, Lourenzo Fernández.
O Ministerio de Educación de Namibia e a Universidade de Santiago (USC) acordaron esta semana iniciar liñas de cooperación enfocadas ao intercambio de estudantes, docentes e investigadores.
Destes encontros xurdiron propostas de colaboración enfocadas ao intercambio de estudantes, docentes, e investigadores coas universidades de Namibia e Politécnica de Namibia, que suman un total de 16.000 alumnos.
Descargar todas as imaxes