Escoitar

Xunta de Goberno Local

xoves, 19 feb 2009
ASUNTOS PARA INCLUIR NA SESIÓN ORDINARIA DA XUNTA DE GOBERNO LOCAL DO 20 DE FEBREIRO DE 2009.


1.- Aprobación das actas das sesións extraordinarias e urxentes do 21 de xaneiro de 2009 e da sesión ordinaria do 23 de xaneiro de 2009.

BENESTAR SOCIAL
2- Prestación do Servizo de Axuda no Fogar: alta expte. 2/2117, 13/2287, 14/2147.

IGUALDADE
3.- Cesión temporal de vivenda municipal para protección de vítimas de violencia de xénero. Expte. 3849/224.

MONTES, PARQUES E XARDÍNS
4. - Indemnización substitutiva a favor da empresa Simco S.L. por un importe total de 23.762,41 €. Expte. 4458/446.

PARTICIPACIÓN CIDADÁ
5.- Indemnización substitutiva a favor de Securitas S.A. por importe de 32.049,93 €. Expte. 1691/321.

PATRIMONIO E CONTRATACIÓN
6.- Prórroga do contrato para a prestación de servizo de vixilancia de dependencias, actividades e mantemento de instalacións de seguridade dependentes do Servizo de Cultura. Expte. 11436/331.

PERSOAL
7.- Recoñecemento de grao persoal ao oficial de oficios D. Juan A. Barreiro vila. Expte. 18529/220.

8.- Rectificación de erro en aboamento de cantidade por xubilación anticipada. Expte. 18768/220.

9.- Produtividade por condución de vehículo lixeiro non sendo oficial condutor a D. José Alvarez Riveiro. Expte. 2476/336.

10.- Gratificación por servizos especias ó persoal da Policía Local con motivo da celebración do Aniversario da Policía Local e do Día da Constitución do ano 2008. Expte. 18797/220.

11.- Gratificación por servizos especiais ó persoal da Policía Local pola celebración da Cabalgata de Reis 2008. Expte. 18796/220.

12.- Produtividade por condución dun vehículo lixeiro non sendo oficial condutor a D. José Antonio Sande Vázquez. Expte. 18799/220.

13.- Produtividade por condución dun vehículo lixeiro non sendo oficial condutor ó persoal de Vías e Obras. Expte. 18798/220.

SANIDADE
14.- Solicitude de subvención á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia para realizar proxectos cofinanciados de estilos de vida saudables entre o Concello e a Consellería de Sanidade da Xunta. Expte. 11216/310.

SERVIZOS XERAIS
15.- Devolución de fianza a favor de Grupo Inversor 2004 S.L. por permiso de circulación de camións na vía Bolivia, 26-28. Expte. 57771/250.

VOLUNTARIADO
16.- Solicitude de subvención á Vicepresidencia de Igualdade e do Benestar da Xunta de Galicia para o fomento e a realización de actividades de voluntariado. Expte. 248/322.

17.- Rogos e preguntas.


DECRETO DE CONVOCATORIA
Examinada a relación de asuntos precedentes correspondentes ós expedientes para a súa inclusión na orde do día, convoco á Xunta de Goberno Local para realizar sesión ordinaria na súa Sala o día 20 de febreiro de 2009, ás 8,00 h. en 1ª convocatoria e ás 9,00 h. en 2ª convocatoria, para resolver os asuntos da devandita relación.

Esta convocatoria substitúe á realizada para a mesma data e a mesma hora por modificar a relación de expedientes incluídos na mesma.

Notifíquese ós Sres. e Sras. membros da Xunta de Goberno Local; ao titular da Asesoría Xurídica, ao interventor xeral, ao titular do Órgano de Apoio á Xunta de Goberno Local e ós demais membros dos grupos políticos municipais do PSdG-PSOE e BNG. Fágase público no taboleiro da Casa do Concello para ós efectos de información.

Vigo, 19 de febreiro de 2009.

O ALCALDE, A CONCELLEIRA SECRETARIA DA
XUNTA DE GOBERNO LOCAL,


Abel Caballero Álvarez Isaura Abelairas Rodríguez.