Alcalde e Portela visitan a "boa marcha" das obras do auditorio Palacio de Congresos
Abel Caballero e César Portela visitaron este luns as obras do Auditorio, que transcorren coa "boa marcha" agardada para que o 1 de xaneiro de 2011 poida ser inaugurado co concerto de Aninovo, salientou o alcalde. Ambos resaltaron que xa se concluíron as sondaxes previas, tamén as arqueolóxicas, e anunciaron que a infraestrutura estará conectada co futuro túnel de Beiramar.
O alcalde de Vigo, Abel Caballero, visitou este luns por primeira vez as obras do Auditorio Palacio de Congresos xunto co arquitecto, César Portela, onde constataron a "boa marcha" dos traballos na infraestrutura, que será inaugurada co concerto de Aninovo de 2011.
Alcalde e arquitecto indicaron que se concluíron todas as sondaxes previas no terreo -incluídas as arqueolóxicas, que deron resultados positivos-, polo que xa se están a construír as pantallas sobre as que se eleva o edificio.
Abel Caballero salientou que as calidades dos materiais son "óptimas", polo que o proxecto leva a marcha agardada para cumprir os prazos previstos. O alcalde mostrou a súa "satisfacción" pola marcha da obra e felicitou ao arquitecto e á construtora. César Portela, pola súa parte, explicou que xa contan co mapa do subsolo, composto principalmente por area e roca, e que non se atoparon con dificultades.
Conexión co túnel
O alcalde, informado polo arquitecto, anunciou que o deseño do Auditorio Palacio de Congresos de Vigo xa contempla a futura conexión co túnel de Beiramar, cuxo anteproxecto xa está a elaborar a Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transporte da Xunta de Galicia.
Descargar todas as imaxes