A Oficina Municipal de Voluntariado presentou o seu programa medioambiental

mércores, 4 mai 2005

Destaca principalmente o programa formativo "Voluntarios na natureza", en colaboración coa asociación medioambiental Fontaíña. Trátase dun curso de 5 módulos e 7 meses de duración que contará con actividades de campo en paraxes naturais singulares, tarefas de investigación e grupos de traballo para facer a experiencia o máis participativa posible.

Vigo participa na conferencia internacional de voluntariado

venres, 8 abr 2005

A Oficina Municipal de Voluntariado do Concello de Vigo participa cun stand na "Conferencia Internacional de Voluntariado e Novas Tecnoloxía:Volunet" que se celebra ata o día 9 de abril no Palacio de Congresos de Santiago . A Oficina está a difundir a imaxe da nova campaña publicitaria o tempo que distribúe información para voluntarios/as e entidades de voluntariado que queiran inscribirse na OMV e colaborar .