martes, 17 mar 2020
Abel Caballero anunciou este martes que todas as persoas sen teito foron reacollidas durante as últimas horas en pensións e hoteis da cidade. Ademais, informou de que os procedementos administrativos foron suspendidos, incluídos os de becas de inglés e escolas infantís.
venres, 31 xan 2020
O Concello ten un “corpo de voluntarios extraordinario” que traballa de forma “magnífica”, dixo esta mañá o rexedor, un día despois da entrega de 31 diplomas a outros tantos voluntarios municipais. Nestes momentos, hai inscritas 2.389 persoas, unha cifra que o rexedor quere aumentar polo que animou á participación a toda a cidade.
xoves, 25 out 2018
A Oficina Municipal de Voluntariado conta con 2.850 inscritos, unha cifra que o Concello quere reforzar para que teñan unha presenza constante na cidade. Esta tarde de xoves, o rexedor manterá un encontro con voluntarios no Centro Municipal do Casco Vello.
martes, 31 xul 2018
O alcalde informou este martes da aprobación do expediente para contratar a empresa que leve adiante o Voluntariado municipal con distintos programas xa existentes e a activación do voluntariado europeo. Actualmente o Concello ten 2.500 inscritos e o obxectivo municipal nesta nova etapa é duplicalos.
xoves, 7 xuñ 2018
O goberno vigués promove o voluntariado ambiental no arquipélago desde xullo ata o 9 de setembro, indicou Caballero este xoves. As tarefas a acometer serán a erradicación de especies invasoras, limpeza de espazos públicos e colaboración con proxectos de conservación e investigación. As inscricións, ata o 14 de xuño.
mércores, 4 feb 2015
O alcalde avogou hoxe por implicar a todo o goberno local nas tarefas que realizan os voluntarios municipais nas áreas sociais, asistenciais, mediambientais, solidarias, culturais e deportivas. Avanzou a súa vontade de estimular este servizo "vertebrador" da cidade para convertir o 2015 "no ano do voluntariado en Vigo"
venres, 5 dec 2014
Abel Caballero participou este venres no acto de entrega na Praza do Rei e informou posteriormente que a Oficina Municipal de Voluntariado suma preto de 2.500 inscritos, na súa maioría mulleres, que realizan accións de carácter ambiental, asistencial, solidaria, cultural, social e deportivo.
martes, 28 out 2014
O edil de Voluntariado, Santos Héctor Rodríguez, salientou este martes o "compromiso coa cidade e os seus concidadáns" dos 2.223 homes e mulleres inscritos na Oficina Municipal. O Concello ofrécelles formación xenérica e específica para as actividades que realizan: asistenciais, medioambientais, solidarias, culturais, sociais e deportivas.
martes, 8 abr 2014
O concelleiro de Participación Cidadá, Santos Héctor, explicou que a xuntanza deste martes permitirá dar a coñecer os cursos de formación que imparte o Concello aos voluntarios e recabar as suxerencias e demandas destes para mellorar a súa función. O edil recordou que, este ano, o goberno de Vigo engadiu cursos de coñecemento da cidade e de fomento da cultura.
xoves, 4 abr 2013
O alcalde de Vigo, despois dunha reunión con representantes do colectivo, anunciou a organización dunha xornada para agradecer o compromiso dos case 1.200 voluntarios inscritos na Oficina Municipal de Voluntariado e fomentar a participación da cidade.